Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 19 de maio de 2014 Páx. 22456

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1207/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social nº 1 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 1207/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Gonzalo Veiga Mella contra a empresa Biforis Accesorios de Madera, S.L., Fogasa, Admón. concursal Biforis, S.L. sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son como segue:

Reforzo.

«Sentenza 263/2014.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 1207/2013.

Demandante: José Gonzalo Veiga Mella.

Letrado: Sr. Martínez Ramonde.

Demandado:

Biforis Accesorios de Madera, S.L.

Letrado:

Administración concursal de Biforis Accesorios de Madera, S.L.: Sra. Pilar García López.

Fogasa.

A Coruña, 23 de abril de 2014.

Resolución

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por José Gonzalo Veiga Mella contra a empresa Biforis Accesorios de Madera, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que lle aboe, en concepto de indemnización, a cantidade de 25.749,95 euros.

2º. O Fogasa e a administración concursal da empresa demandada deberanse ater ao decidido nesta resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Biforis Accesorios de Madera, S.L., en ignorado paradoiro, expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 23 de abril de 2014

A secretaria xudicial