Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 19 de maio de 2014 Páx. 22460

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1219/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento obxectivo individual 1219/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sergio Boado Sánchez contra a empresa Biforis Accesorios de Madera, S.L., administración concursal de Biforis Accesorios de Madera, S.L. e Fogasa sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do tenor literal seguinte:

«Sentenza 261/2014.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 1219/2013.

Demandante: Sergio Boado Sánchez.

Letrada: Sra. Gómez Lozano.

Demandado:

– Biforis Accesorios de Madera, S.L.

Letrado:

– Administración concursal de Biforis Accesorios de Madera, S.L.

Letrada: Sra. García López.

Fogasa.

A Coruña, 23 de abril de 2014.

Resolución.

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Sergio Boado Sánchez contra a empresa Biforis Accesorios de Madera, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral na data desta sentenza, todo isto con condena das empresas indicadas ao aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución.

2º. A indemnización que deberá aboar as empresas demandadas, segundo o disposto no número anterior, ascende á cantidade de 14.633,16 euros.

3º. O Fogasa e a administración concursal da empresa demandada deberanse ater ao decidido nesta resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz do Xulgado do Social número 1 de reforzo da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Biforis Accesorios de Madera, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 23 de abril de 2014

A secretaria xudicial