Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 19 de maio de 2014 Páx. 22462

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (929/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 929/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rosario Olga García Quintero contra a empresa Tai Coruña, S.A. e Fogasa sobre despedimento, se ditou a sentenza cuxo encabezamento e resolución son como segue:

«Sentenza 206/2014.

A Coruña, 14 de abril de 2014.

Resolución.

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Rosario Olga García Quintero contra a empresa Tai Coruña, S.A. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral na data desta sentenza. Todo isto con condena da empresa indicada ao aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución.

2º. A indemnización que deberá pagar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, ascende á cantidade de 37.322,10 euros.

3º. Estimo a pretensión sobre reclamación de cantidade formulada por Rosario Olga García Quintero fronte á empresa Tai Coruña, S.A. e, en consecuencia, condeno a esta última a lle aboar á primeira a suma de 1.809,30 euros polos conceptos expresados nos feitos probados desta resolución.

4º. O Fogasa deberase ater ao resolto nesta resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco (5) días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino. Javier López Cotelo».

E para que sirva de notificación á entidade mercantil Tai Coruña, S.A., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 21 de abril de 2014

A secretaria xudicial