Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 15 de maio de 2014 Páx. 22004

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 22 de abril de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2014053AL-OU incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 1 de abril de 2014, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Ourense acordou o inicio do expediente sancionador 2014053AL-OU a Logística Ourense, S.L., CIF B32396236, con domicilio no polígono de San Cibrao, sector C, rúa 6, de San Cibrao das Viñas-Ourense.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Logística Ourense, S.L. (CIF B-32396236) o contido do referido acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avenida de Zamora, nº 13, de Ourense, e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no mencionado prazo, o acordo de inicio se considerará proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 22 de abril de 2014

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador: 2014053AL-OU.

Interesada: Logística Ourense, S.L.

DNI/NIF/CIF: B32396236.

Último enderezo coñecido: polígono de San Cibrao das Viñas, sector C, rúa 6.

San Cibrao das Viñas. Ourense.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: Regulamento (CE) nº 852/2004, do 29 de abril.

Tipificación: leve.

Sanción proposta: catrocentos euros (400,00 €).