Con data do 14 de xaneiro de 2014, a xefa territorial de Ourense acordou a resolución do expediente sancionador 2014001TA-OU, incoado a O Recuncho do Anxo, NIF 16013108W, do que é titular Pedro Gallardo González de la Aleja, con domicilio na travesía OU 536-32710 Castadón-O Pereiro de Aguiar (Ourense).
Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a O Recuncho do Anxo, o contido do referido acordo de resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, recordándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avenida de Zamora, nº 13, Ourense, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
En caso de conformidade co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) As notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; 2) As notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte. Todo isto mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina de NCG Banco, S.A. (Novagalicia banco); en BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, ou en Banesto, empregando os impresos normalizados que lle facilitarán nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Ourense, 22 de abril de 2014
María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Nº de expediente: 2014001TA-OU.
Interesado: O Recuncho do Anxo.
DNI/NIF/CIF: NIF 16013108W.
Último enderezo coñecido: travesía OU 536-32710 Castadón-O Pereiro de Aguiar (Ourense).
Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.
Preceptos infrinxidos: Lei 28/2005, do 26 de decembro.
Tipificación: leve.
Sanción imposta: setenta e cinco euros (75,00 euros).