Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 15 de maio de 2014 Páx. 22006

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se anuncia o procedemento aberto, tramitación ordinaria e suxeito a regulación harmonizada para contratar o servizo de limpeza de edificios e oficinas da Xefatura Territorial da Coruña desta consellería (expediente 36/2014).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Xestión Económica.

2º. Domicilio: avenida Salvador de Madariaga, nº 9, 1º andar, C.C. Elviña.

3º. Código postal e localidade: 15008 A Coruña.

4º. Teléfono: 981 18 57 10.

5º. Fax: 881 88 12 50/981 18 57 01.

6º. Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: 27 de maio de 2014, ás 14.00 horas.

d) Número de expedientes: 1.

e) Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE): 10 de abril de 2014.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: expediente 36/2014.

1º. Servizo de limpeza xeral dos locais da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Traballo e Benestar, Servizo de Mediación, Arbitraxe e Conciliación de Ferrol, das oficinas de emprego e dos edificios dos centros de formación e unidades de acción formativa, da provincia da Coruña.

c) División por lotes: 3 lotes.

d) Prazo de execución: desde o 1 de xullo de 2014 ata o 30 de xuño de 2016.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 90919200-4.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas.

4. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: setecentos once mil catrocentos sete euros con corenta e catro céntimos (711.407,44 €). IVE (21 %): cento corenta e nove mil trescentos noventa e cinco euros con cincuenta e seis céntimos (149.395,56 €). Importe total: oitocentos sesenta mil oitocentos tres euros (860.803,00 €). Dividido por lotes:

Lote 1: importe neto: 147.994,08 €. IVE (21 %): 31.078,76 €. Importe total: 179.072,84 €.

Lote 2: importe neto: 302.757,12 €. IVE (21 %): 63.579,00 €. Importe total: 366.336,12 €.

Lote 3: importe neto: 260.656,24 €. IVE (21 %): 54.737,80 €. Importe total: 315.394,04 €.

5. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: lote 2 (grupo U, subgrupo 1, categoría B) e lote 3 (grupo U, subgrupo 1, categoría A), e cando o valor estimado sumado dos lotes a que se concorra sexa igual ou superior a 200.000 € (grupo U, subgrupo 1, categoría depende do valor medio anual do lote ou lotes a que se concorra).

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver o prego de cláusulas administrativas particulares, epígrafe 4.2.1.d).

7. Presentación de ofertas e solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 27 de maio de 2014.

b) Modalidade de presentación: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: rexistro xeral da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Traballo e Benestar.

2º. Domicilio: avenida Salvador de Madariaga, nº 9, 1º andar, C.C. Elviña.

3º. Código postal e localidade: 15008 A Coruña.

Ou calquera das formas previstas no artigo 80 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses.

8. Apertura de ofertas:

a) Enderezo: avenida Salvador de Madariaga, nº 9, 1º andar, C.C. Elviña. 15008 A Coruña.

b) Apertura de ofertas: ás 13.00 horas do 5 de xuño de 2014.

9. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, ver o prego de cláusulas administrativas particulares, epígrafe 1.3.

10. Outras informacións: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

A Coruña, 15 de abril de 2014

P.D. (Orde do 19.8.2009)
Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña