Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 15 de maio de 2014 Páx. 22010

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2014 de corrección de erros dos pregos de prescricións técnicas publicados mediante Resolución do 14 de abril de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se convoca a contratación, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria non suxeito a regulación harmonizada, do servizo, por lotes, para a impartición de accións formativas para o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (expediente 9/2014).

Advertido un erro no prego de prescricións técnicas publicado o 8 de maio de 2014 para a referida contratación, publicada mediante Resolución do 14 de abril de 2014 no Diario Oficial de Galicia núm. 87, do 8 de maio, cómpre facer a seguinte corrección:

No punto 5, Formato e contido das ofertas, no esquema de oferta que deben presentar os licitadores, suprímese a epígrafe «Experiencia e cualificación profesional dos/das formadores/as» e engádese a epígrafe «Descrición, para o caso do lote número 2 (Cisco), do equipamento de rede e comunicacións que se porá a disposición do proxecto para garantir a calidade do servizo».

Esta corrección afecta o prazo de presentación de ofertas recollido no punto 8 da dita resolución, que queda do seguinte xeito:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio de corrección de erros no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2014

P.D. (Orde do 19.8.2009)
María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar