Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 15 de maio de 2014 Páx. 22011

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

EDICTO do 29 de abril de 2014, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio da clasificación como veciñal en man común do monte coa denominación de ampliación do monte Armada, a favor dos veciños da parroquia de Correxais (San Pedro), no concello de Vilamartín de Valdeorras.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión do 10 de abril de 2014, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do monte coas características que a seguir se relacionan:

Concello: Vilamartín de Valdeorras.

Denominación do monte: ampliación do monte Armada.

Comunidade veciñal solicitante: veciños da parroquia de Correxais (San Pedro).

Superficie total: 46,1148 ha.

A ampliación consta de dúas parcelas que se denominarán parcela leste e parcela oeste, segundo a seguinte descrición:

Parcela oeste. Parcela 263 do polígono 7 do concello de Vilamartín de Valdeorras, cunha superficie que se clasifica de 79.683 m2.

Linderos:

Norte: (enumeradas de oeste a leste). Polígono 4 parcela 9002 (vía de dominio público do concello), polígono 3, parcela 9004.

Leste. Polígono 7, parcela 9001.

Sur (enumeradas de leste a oeste). Polígono 7 parcelas 1 (Ángel Real Delgado), 2 (Celia Fernández Vega), 3 (Agustín López Rodríguez), 4 (Alfonso Núñez Vega), 5 (Coral Vega Gallego), 273 (José Roca López) e 9002.

Oeste (enumeradas de sur a norte). Polígono 7, parcelas 185 (Josefa García Núñez), 173 (Teresa Vega García), 172 (descoñecido), 171 (Justa Real Vega), 170 (Joaquín Fernández Vega), 259 (Julia García Vicente), 169 (Jesús Delgado García), 261 (descoñecido), 168 (Belarmino Vicente López), 166 (Ricardo Núñez Gudiña) e 165 (Pedro Vicente Álvarez)

Enclaves. A parcela presenta dous enclaves no seu interior. O situado máis ao norte, que se corresponde coa parcela de referencia catastral 002002000PG59F0001DU (uso residencial, Manuel Roca López), e o situado máis ao sur, que está constituído polas parcelas catastrais números 159 (Agenor Fernández Delgado), 160 (Antolín Vicente López). 161 (Antolín Vicente López), 162 (Carmen Fernández Casal), 163 (Delia Fernández Calvo) e 164 do polígono 7.

Parcela leste:

Formada polas seguintes parcelas:

Polígono 6, parcelas 662 (125.139 m2 de superficie que se vai clasificar), 663 (197.426 m2 de superficie que se vai clasificar) e 664 (parte) (58.900 m2 de superficie que se vai clasificar), cunha superficie total que se vai clasificar de 381.465 m2.

Estremas:

Norte. Polígono 6, parcela catastral 9001, do concello de Vilamartín de Valdeorras (vía de dominio público do concello).

Leste (enumeradas de norte a sur). Límite de termos municipais entre os concellos de Vilamartín de Valdeorras e O Barco de Valdeorras, parcela catastral número 954 do polígono 48 (propietario descoñecido) e parcela catastral número 513 do polígono 49 (propietario descoñecido) ambas dos concello do Barco de Valdeorras.

Sur. Parte da parcela catastral número 664 do polígono 6 do concello de Vilamartín de Valdeorras (monte veciñal en man común denominado Armada, pertencente á parroquia de Correxais (San Pedro).

Oeste (enumeradas de sur a norte). Polígono 6, parcelas catastrais 356 (Agustín Alfonso Fernández Fernández), 357 (José Calvo), 359 (José Roca López), 360 (Sofia Roca Calvo), 362 (Herminio Paradelo Fernández), 363 (Bernardo Roca García), 698 (Bernardo Roca García), 364 (Marina Núñez Calvo), 683 (Francisca Rodríguez Carracedo), 372 (Arturo López Delgado), 373 (Graciano Vega Fernández), 374 (Antolín Gudiña Vega), 375 (Graciano Vega Fernández), 376 (Petra Macía Macía), 377 (Manuela García Núñez), 378 (Felisa Gudiña Rodríguez), 648 (María Teresa Fernández Real), 630 (Zoila Dacal López), 627 (Josefa García Núñez), 629 (Milagros Real Alonso), 620 (Joaquina García Nogueira), 621 (Salvador Vega López), 558 (Basilia Carracedo Núñez), 557 (José Calvo), 559 (Sofia Milagros Fernández Rodríguez), 617 (Emilio Vega Paradelo), 619 (Antonio López Ojea), 615 (Sofia Ojea Ramos), 614 (Jaime Ojea Ramos), 613 (Jovita Rodríguez Campos), 612 (Serafín González Rodríguez), 611 (Alfonso Ojea), 610 (Antonio Rodríguez Gudiña), 609 (Amadeo Rodríguez Sánchez), 608 (Adel Vega Paradelo), 607 (Herdeiros de Rosa Rodríguez Gudiña), 603 (María Pérez Rodríguez), 601 (Flaminio Ojea), 600 (Maximino Pérez), 599 (Felisa Gudiña Rodríguez), 597 (Anuncia Gudiña López), 596 (Agenor Fernández González), 595 (Jesús Delgado García), 592 (Clemente Sierra Brasa), 591 (Josefa García Núñez), 590 (Julia García Vicente), 497 (Amanda Gudiña Fernández), 499 (Jesús Delgado García), 496 (Amanda Gudiña Fernández), 495 (Graciano Vega Fernández), 494 (María Teresa Fernández Real), 500 (Justa Real Vega) e 9001 (vía de dominio público do concello), todas do concello de Vilamartín de Valdeorras.

Enclaves. A parcela non presenta enclaves no seu interior.

O que se pon en coñecemento de todos os interesados indicándolles que se abre un período de un mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que consideren convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 29 de abril de 2014

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense