Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Mércores, 14 de maio de 2014 Páx. 21766

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (546/2013).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 546/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Guillermo Pérez Pérez contra a empresa Estructuras y Obras de Galicia, S.L. (Esoga), Fondo de Garantía Salarial, Construcciones Pepe, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte sentenza: que debo estimar e estimo parcialmente a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Guillermo Pérez Pérez contra Estructuras y Obras de Galicia, S.L., e a administración concursal de Estructuras y Obras de Galicia, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Estructuras y Obras de Galicia, S.L. e á súa administración concursal a que aboe ao demandante a cantidade de 782,99 € líquidos polos salarios devindicados no mes de xullo de 2012 e 7.247,3 € brutos polos salarios devindicados en decembro de 2.012 e xaneiro de 2013, así como a compensación económica polas vacacións non gozadas no ano 2012 e 2013, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais, e 20.298,26 € en concepto de indemnización derivada de despedimento obxectivo por causas económicas.

Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Guillermo Pérez Pérez fronte á entidade Construccions Pepe, S.L., a que debo absolver das pretensións formuladas na súa contra.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtaselle ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditándoo mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo. Así, por esta a miña sentenza, o pronuncioo, mando e asino.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación ás empresas Estructuras y Obras de Galicia, S.L. (Esoga) e Construcciones Pepe, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 22 de abril de 2014

A secretaria xudicial