Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Mércores, 14 de maio de 2014 Páx. 21764

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (538/2013).

Número de autos: procedemento ordinario 538/2013.

Demandante: Manuel Mourelle Ferreiro.

Avogado: José Nogueira Esmoris.

Demandado: Excavaciones Reygar, S.L., Fondo de Garantía Salarial.

Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial accidental do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 538/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Mourelle Ferreiro contra a empresa Excavaciones Reygar, S.L., Fondo de Garantía Salarial, administrador concursal de Excavaciones Reygar, S.L. sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza cuxa decisión di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Manuel Mourelle Ferreiro contra Excavaciones Reygar, S.L. e a administración concursal de Excavaciones Reygar, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Excavaciones Reygar, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 5.224,17 € brutos polos salarios devindicados entre abril e xullo de 2012, e a compensación económica polas vacacións non gozadas do ano 2012, incrementadas no xuro do 10% por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtaselle ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditándoo mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo. Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa Excavaciones Reygar, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 22 de abril de 2014

A secretaria xudicial