Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Mércores, 14 de maio de 2014 Páx. 21762

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1181/2011).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1181/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Rodríguez Gómez contra a empresa Óscar Jartin Sueiro, Transportes Óscar Jartin Sueiro, S.L., sobre ordinario, se ditou a parte dispositiva do auto de aclaración:

«Parte dispositiva.

Dispoño:

1. Estimar a solicitude da parte demandante de aclarar o feito probado primeiro da sentenza ditada neste procedemento con data do 3.4.2014, no sentido que se indica a continuación:

“A relación laboral foi extinguida por despedimento disciplinario con efectos do 17.10.2011” e engádese a seguinte apostila: “recoñecido como improcedente pola empresa”.

2. Incorporar esta resolución ao libro que corresponda e levar testemuño aos autos principais.

Notifíqueselles ás partes.

Contra este auto non cabe interpor recurso sen prexuízo dos recursos que se poidan interpor fronte á resolución aclarada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/A maxistrado/a xuíz/a. O/A secretario/a xudicial».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lles sirva de notificación á empresa Óscar Jartin Sueiro e a Transportes Óscar Jartin Sueiro, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 23 de abril de 2014

A secretaria xudicial