Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Mércores, 14 de maio de 2014 Páx. 21768

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (229/2013).

Número de autos: despedimento/cesamentos en xeral 229/2013.

Demandante: Francisco Javier Naya Zas.

Demandado: Catering Josmaga, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Termogalicia Catering, S.L., Hastel Alquil, S.L.

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial accidental do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 229/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Javier Naya Zas contra a empresa Geshostel Catering, S.L., Restaurante Lucadi, sobre despedimento, se ditou sentenza cuxa decisión di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Francisco Javier Naya Zas contra as entidades Catering Josmaga, S.L., Hastel Alquil, S.L., Geshostel Catering, S.L. e Joscatering, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento do que foi obxecto o 9 de xaneiro, con efectos do 8 de xaneiro de 2013, e condeno solidariamente as entidades Catering Josmaga, S.L., Hastel Alquil S.L., e Joscatering S.L. a que, no prazo de cinco días desde a data de notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata da demandante, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade, co aboamento dos salarios de trámite (os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza), calculados a razón de 43,99 €/día; ou ben ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 9.250,65 €.

O aboamento da indemnización determinará a extinción do contrato de traballo, que se entenderá producida na data do cesamento efectivo no traballo.

No suposto de non optar o empresario pola readmisión ou a indemnización, enténdese que procede a primeira.

Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Francisco Javier Naya Zas contra as entidades Catering Josmaga, S.L., Hastel Alquil, S.L., Geshostel Catering, S.L. e Joscatering, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno solidariamente as entidades Catering Josmaga, S.L., Hastel Alquil, S.L., Geshostel Catering S.L., e Joscatering S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 1.011,96 € brutos por salarios devindicados en xaneiro de 2013 e a falta de aviso previo, así como o xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de despedimento e cantidade foi interposta por Francisco Javier Naya Zas contra as entidades Restaurante Lucadi, S.L., e Termogalicia Catering, S.L., ás cales debo absolver de todo o pedido na súa contra.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtaselle ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditándoo mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación ás empresas Gesthostel Catering, S.L. e Restaurante Lucadi, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 22 de abril de 2014

A secretaria xudicial