Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Mércores, 14 de maio de 2014 Páx. 21790

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica nos concellos de Santiago de Compostela, Ames, Brión e Teo (expediente IN407A 2006/250).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: anexo II do recuamento MT en Bertamiráns (AG-56 Santiago (N-550 na Rocha)-Brión (AC-543).

Situación: concellos de Santiago de Compostela, Ames, Brión e Teo.

Características técnicas:

1. As liñas de media tensión aéreas afectadas pola saída da AG56 a SC-20, no tramo entre o CT Cruxeiras (expediente 51.947) e CT Telefónica e a subestación Santiago II, no concello de Santiago de Compostela, son as seguintes:

Liña de MT aérea DC Santiago II-A Lavacolla a 20 kV (expediente 51.022) SNT-813 e SNT-811, ambos os circuítos sobre apoios compartidos, coa orixe en apoio nº 2 proxectado tipo C-9000/22 e final en apoio nº 4 proxectado tipo C-7000/18, cunha lonxitude de 0,242 km, en condutor LA-110.

2. As liñas de media tensión soterradas afectadas polo recuamento no pq 0+910, no tramo comprendido entre a subestación Santiago II e os CCTT Novo Hospital, A Rocha Vella, Panosa, Hospital Provincial, A Ponte Rocha, Centro Comercial Lidl, Volta do Castro 3 e os CCRR Ponteseca e Vidán, no concello de Santiago de Compostela; proxectándose baixo canalización existente da LMTS subestación San Caetano-Cidade da Cultura-subestación Santiago II (expediente IN407A 2004/479), cunha lonxitude de 0,625 km igual para todas as liñas, coa orixe en cela de liña subestación Santiago II e final en punto de acceso proxectado, con condutor RHZ1-2OL(S) 12/20 kV 3 (1×240) mm² Al e RHZ1-2OL 12/20 kV 3 (1×240) mm² Al son as seguintes:

Liña de MT soterrada SNT-8114 Novo Hospital (expediente IN407A 1999/01) a 20 kV.

Liña de MT soterrada SNT-8273 Cero-Fonteseca (expediente IN407A 1999/52) a 20 kV.

Liña de MT soterrada SNT-8136 Pumares-Boqueixón (expediente IN407A 1997/260) a 20 kV.

Liña de MT soterrada SNT-8278 Vidán-Animalario (expediente IN407A 2005/406) a 20 kV.

Liña de MT soterrada SNT-896 Vidán-Galeras (expediente 18.117) a 20 kV.

Liña de MT soterrada SNT-897 Hipercor (expediente 26.993) a 20 kV.

Liña de MT soterrada SNT-8275 Gándara-Conxo (expediente IN407A 1999/371) a 20 kV.

Liña de MT soterrada SNT-8277 Santiago II-Santa Marta (expediente IN407A 2001/256) a 20 kV.

Liña de MT soterrada SNT-8279 Conxo II (expediente IN407A 2004/169) a 20 kV.

3. A liña de media tensión afectada polo recuamento no pq 3+160 é a seguinte:

Liña de MT aérea SNT-827 Bertamiráns no tramo entre o CT Costoia (expediente IN407A 1995/132) e o CT Pardiñas (expediente 22.848) a 20 kV, coa orixe en apoio nº 6 existente e final en apoio nº 7 proxectado tipo HV-630/15 baixo LMTA existente, cunha lonxitude de 0,088 km, en condutor LA-56, no concello de Santiago de Compostela.

4. A liña de media tensión afectada polo recuamento no pq 7+609 é a seguinte:

Liña de MT soterrada SNT-893 Bertamiráns 2 no tramo entre CT grupo escolar e o CT urbanización Estivada I (expediente IN407A 2004/9), coa orixe e final na mesma liña, nunha lonxitude de 0,158 km e con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240) mm² Al, no concello de Ames.

5. A liña de media tensión afectada polo recuamento no pq 9+220 ao PQ 9+530 é a seguinte:

No pq 9+220 a liña de MT aérea NEG-805 Chancela a 20 kV, nun tramo da derivada ao CT Castrigo (expediente 31.942) coa orixe en apoio nº 4 existente e final en apoio nº 6 proxectado tipo CH-1600/20, cunha lonxitude de 0,114 km, en condutor LA-56.

No pq 9+220 ao PQ 9+530 a liña de MT aérea NEG-805 no tramo entre CT Brans (expediente 31942 e CT piscina (expediente IN407A 2011/84), coa instalación do novo apoio nº 2 tipo HVH-2500-S13 e novo apoio nº 3 tipo HVH-1000-S15, no concello de Brión.

6. A liña de media tensión afectada polo recuamento no pq 10+500 é a seguinte:

Liña de MT soterrada NEG-805 Chancela no tramo entre o CT Guldrís (expediente 51.875) e o CT Adoufe II (expediente IN407A 2009/74) a 20 kV, coa orixe no paso aerosoterrado en apoio fin de liña proxectado tipo HVH-15/2005 e final no paso aero-soterrado en apoio fin de liña proxectado tipo HVH-13/2500, nunha lonxitude de 0,96 km e con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×150) mm² Al, no concello de Brión.

7. A liña de media tensión afectada polo recuamento no lugar da Agrela é a seguinte:

Liña de MT SNT-811 Biduído-Pontespiño no tramo entre o CT Mimosas (expediente 51.536 e o CT A Agrela (expediente 51.174) a 20 kV, coa orixe en apoio existente nº 4 e final en apoio proxectado nº 5 tipo HV-1000/15 baixo LMTA existente, cunha lonxitude de 0,130 km, en condutor LA-56, no concello de Teo.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta instalación está previsto que se execute nun prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao medio.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 21 de abril de 2014

Por vacante (Artigo 30.3 do Decreto 110/2013; DOG nº 140, do 24 de xullo)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial