Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Mércores, 14 de maio de 2014 Páx. 21794

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 29 de abril de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, polo que se notifica a Activo Comunicaciones, S.L. a Resolución do 19 de marzo de 2014 desta consellería pola que se acorda a iniciación do procedemento de reintegro da subvención concedida ao abeiro da Orde do 6 de xullo de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións correspondentes aos programas sectoriais de investigación aplicada, pemes I+D e I+D suma do Plan galego de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica para o ano 2010 (expediente CEI-SXT-2014/5).

Intentada a práctica da notificación a Activo Comunicaciones, S.L. da Resolución do 19 de marzo de 2014 desta consellería pola que se acorda a iniciación do procedemento de reintegro da subvención concedida á dita persoa xurídica no ano 2010, en aplicación do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procédese á notificación da dita resolución por medio da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, cuxo contido se recolle sumariamente neste anuncio.

A interesada poderá examinar a resolución completa no Servizo de Xestión Económica e Orzamentaria da Vicesecretaría Xeral da Consellería de Economía e Industria, sito no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5-4ª planta, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Polo anterior, e de conformidade co establecido no artigo 38.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en relación co artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselle a interesada un prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución, co fin de que poida facer as alegacións e presentar os documentos e xustificantes que xulgue oportunos para a defensa dos seus intereses.

De acordo co artigo 35 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, esta resolución interrompe o prazo de prescrición de que dispón a Administración para exixir o reintegro parcial da subvención concedida a interesada.

O artigo 38.5 da citada lei establece que o prazo para resolver este procedemento será de doce (12) meses desde a data do acordo de iniciación. Se transcorre o dito prazo para resolver sen que se notificase a resolución expresa, producirase a caducidade do procedemento.

Persoa xurídica a que vai dirixida esta notificación:

Activo Comunicaciones, S.L. CIF: B 32328429.

Último enderezo coñecido: rúa Carriarico, 25, local 1, 32002 Ourense.

Data da resolución: 19 de marzo de 2014.

Asunto: expediente-CEI-SXT-2014/5. Resolución do 19 de marzo de 2014 pola que se acorda a iniciación do procedemento de reintegro da subvención concedida a Activo Comunicaciones, S.L. ao abeiro da Orde do 6 de xullo de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións correspondentes aos programas sectoriais de investigación aplicada, pemes I+D e I+D suma do Plan galego de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica para o ano 2010.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2014

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria