Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: liña de media tensión subterránea na rolda de Outeiro, A Coruña.
Situación: concello da Coruña.
Características técnicas: liña de media tensión subterránea a 15 kV, cunha lonxitude de 2×0,010 km, con orixe en empalme con LMTS existente SPV-714, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV-1×240 A1 e final na mesma liña unha vez que entra e saia no centro de seccionamento particular proxectado. O centro de seccionamento quedará situado entre o CT CC Los Rosales (expediente 1996/270) e o CT Figueiras (expediente 182/2009).
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.
A Coruña, 15 de abril de 2014
Por vacante (Artigo 30.3 do Decreto 110/2013; DOG nº 140, do 24 de xullo)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial