Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Martes, 13 de maio de 2014 Páx. 21552

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Calvos de Randín

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial para a creación de solo urbanizado para equipamentos públicos.

O Pleno do Concello, en sesión extraordinaria que tivo lugar o día 25 de xuño de 2013, aprobou definitivamente o Plan especial en Calvos de Randín para a creación de solo urbanizado para equipamentos públicos.

De conformidade co establecido no artigo 92.2.a) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e coas súas modificacións posteriores, sométese a información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal os interesados poderán examinar o expediente, na Secretaría do concello, e presentar as reclamacións que xulguen oportunas.

Calvos de Randín, 22 de abril de 2014

Aquilino Valencia Salgado
Alcalde