Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Martes, 13 de maio de 2014 Páx. 21553

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle dunha parcela en San Pedro de Visma (expediente 631/272/2013).

O Pleno Municipal, en sesión que tivo lugar o día 3 de febreiro de 2014, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle da parcela catastral 6424904NJ4062S0001WZ, cualificada como dotacional de continxencia de titularidade pública EQ (Pb) polo plan xeral, situada en San Pedro de Visma, A Coruña, para a construción da nova sede da Federación Galega de Fútbol, presentado a trámite por José García Liñares.

Segundo. Notificarlle o acordo de aprobación definitiva ao promotor, aos departamentos municipais de Licenzas e Disciplina Urbanística, Xestión do Solo, Sección de Patrimonio Urbanístico, Oficina do SIX de Planeamento e Área de Infraestruturas.

Terceiro. Ordenar o cumprimento dos trámites administrativos recollidos nos artigos 92.2 e 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, para a procurar a entrada en vigor do estudo de detalle».

Contra este acordo podrá interpoñerse directamente recurso contencioso-administrativo, ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no plazo de dous meses contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de calquera outro que se considere pertinente.

A documentación exixida polo artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, tivo entrada na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, para os efectos da entrada en vigor do estudo de detalle dunha parcela sistema local de equipamento situada na zona de San Pedro de Visma, o día 20 de febreiro de 2014.

A Coruña, 24 de febreiro de 2014

César de Jesús Otero Grille
Director de Urbanismo