Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Martes, 13 de maio de 2014 Páx. 21554

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Gondomar

ANUNCIO de información pública (expediente 10817).

O día 23 de abril de 2009 solicitouse neste concello licenza de apertura de supermercado que se localizará en Fontán, 1B, baixo, parroquia de Mañufe (Gondomar). En cumprimento do establecido polo artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, se somete o dito expediente a información pública durante vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, BOP ou no taboleiro de anuncios deste concello, para efectos de ser consultado e formular as alegacións que se consideren oportunas. O expediente estará á súa disposición dentro do dito prazo, no Departamento de Urbanismo deste concello, das 9.00 ás 13.30 horas. Do trámite de información pública exceptuaranse os datos da solicitude e documentación anexa que estean amparados polo réxime de confidencialidade.

Gondomar, 20 de marzo de 2014

Fernando Guitián Guitián
Alcalde