Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Martes, 13 de maio de 2014 Páx. 21555

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO de licitación para a subscrición de seguro de responsabilidade civil, de accidentes e enfermidades de traballo e danos en bens mobles e inmobles para este concello.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Concello de Oroso.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Secretaría.

2) Domicilio: praza do Concello, 1.

3) Localidade e código postal: Oroso, 15888.

4) Teléfono: 981 69 14 78.

5) Telefax: 981 69 17 86.

6) Correo electrónico: correo@oroso.dicoruna.es

7) Enderezo da internet do perfil de contratante: www.concellooroso.com

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata 2 días naturais antes da finalización do prazo para presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 2014/011.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: privado de servizos.

b) Descrición: subscrición de seguro de responsabilidade civil, de accidentes e enfermidades de traballo e danos en bens mobles e inmobles para o Concello de Oroso.

d) Lugar de execución/entrega: Concello de Oroso.

1) Domicilio: praza do Concello, 1.

2) Localidade e código postal: Oroso, 15888.

e) Prazo de execución: dous anos.

f) Admisión de prórroga: non prorrogable.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 66512100-2, 66514110-0,66516000-0,66516400-4, 66516500-5.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con pluralidade de criterios de adxudicación.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 82.400 euros (exento de IVE).

5. Garantías exixidas. Provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

6. Valor estimado: 112.476,00 euros.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, de ser o caso: véxase artigo 4 do prego.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP, no perfil de contratante ou no DOG.

b) Modalidade de presentación: presencial ou por correo.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral do Concello.

2) Domicilio: praza do Concello, 1.

3) Localidade e código postal: Oroso, 15888.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses.

9. Apertura de ofertas.

a) Enderezo: praza do Concello, 1.

b) Localidade e código postal: Oroso, 15888.

10. Gastos de publicidade: os gastos que xeren os anuncios cun máximo de 1.000 euros.

Oroso, 5 de maio de 2014

Manuel Mirás Franqueira
Alcalde