Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Martes, 13 de maio de 2014 Páx. 21558

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre

ANUNCIO de convocatoria da LVI edición do Premio Fernández Latorre.

A Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre convoca o LVI Premio Fernández Latorre e invita a particulares e institucións a participar nel.

Este premio réxese polas seguintes bases:

1. Premio.

Concederase o Premio Fernández Latorre dotado nesta edición con 10.000 euros, a unha traxectoria, persoal ou profesional, ou a un traballo periodístico publicado en calquera medio de comunicación entre o 7 de maio de 2013 e o 6 de maio de 2014.

2. Ditame e entrega.

O ditame farase público no diario La Voz de Galicia o vindeiro 25 de xullo, festividade do Apóstolo Santiago e Día de Galicia.

O premio entregarase no transcurso dun acto que se celebrará no último trimestre de 2014.

3. Xurado.

O xurado terá, ademais das facultades normais para elixir a traxectoria ou traballo premiados, as de interpretar as presentes bases.

4. Presentación de traballos.

Os expedientes ou traballos deberanse enviar por correo electrónico:

(fundacionsantiagoreyfernandez-latorre@lavoz.es) ou ordinario á Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, avda. da Prensa, 84-85, polígono Industrial de Sabón, 15143 Arteixo (A Coruña), ata o 31 de maio, coa indicación «Premio Fernández Latorre».

Os expedientes ou traballos poderán ser presentados polos interesados, polos membros do xurado ou por calquera persoa ou entidade. Neste último caso debe acreditarse o consentimento do candidato.

5. Condicións.

A presentación a este premio supón a conformidade dos participantes coas bases e implica, de ser o caso, a autorización para a difusión pública, sen finalidade lucrativa, do traballo premiado.

A decisión do xurado é inapelable.

A Coruña, 10 de abril de 2014

Santiago Rey Fernández-Latorre
Presidente da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre

P.O. José Francisco Sánchez Sánchez
(Director da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, 32436350W)