Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Martes, 13 de maio de 2014 Páx. 21551

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Caldas de Reis

ANUNCIO de información pública sobre taller de exposición, venda e reparación de vehículos, almacén de recambios e oficinas (expediente AC1760/12).

Plácido Magariños Touceda, Autos Sermaga, S.L. solicitou desta alcaldía licenza municipal para taller de exposición, venda e reparación de vehículos, almacén de recambios e oficinas, de acordo co expediente de legalización redactado polo arquitecto técnico Luciano Piñeiro Bermúdez, que se situará en Outeiro (Bemil). En cumprimento do disposto polo artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 13 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, co fin de que durante este poidan examinar o expediente, no Negociado de Urbanismo deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións e observacións que teñan por conveniente.

Caldas de Reis, 11 de abril de 2014

Juan Manuel Rey Rey
Alcalde