Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Martes, 13 de maio de 2014 Páx. 21472

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo

EDICTO (946/2011).

Rosario Cantalejo García, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo, polo presente notifico que no procedemento ordinario nº 946/2011 se ditou sentenza, cuxa resolución é:

Sentenza.

En Vigo o vinte e oito de xuño de dous mil trece.

Vistos por min, Miguel Melero Tejerina, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo, os presentes autos de xuízo ordinario, seguidos por instancia da comunidade de propietarios da avenida Florida, nº 80, de Vigo, representada pola procuradora Rosa de Lis Fernández e asistida polo letrado José Luis Barros Ferreira, contra Severino Estévez Comesaña, S.L., en rebeldía procesual.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Resolución.

Estimo integramente as pretensións da comunidade de propietarios da avenida Florida, nº 80, de Vigo, e condeno a Severino Estévez Comesaña, S.L. a efectuar os traballos sinalados nos informes periciais achegados coa demanda, con expresa condena en custas da parte demandada.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de apelación dentro do prazo de 20 días.

Por exixilo así a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, a interposición do recurso exixe a constitución do depósito de 50 euros mediante ingreso na conta de depósitos e consignacións aberta na entidade Banesto co número 0030 1846 42 0005001274, expediente 3640 0000 04 0946 11.

O depósito deberá acreditarse ao interpoñer o recurso.

Están exceptuados da constitución do depósito os que teñan recoñecido o dereito de asistencia xurídica gratuíta, o Ministerio Fiscal e a Administración.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E descoñecéndose o domicilio da demandada Severino Estévez Comesaña, S.L., expido o presente para que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 3 de xullo de 2013

A secretaria xudicial