Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Martes, 13 de maio de 2014 Páx. 21474

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (259/2013).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 259/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Fernández García contra Toso Mariña, S.L. e o Fogasa sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza coa seguinte resolución:

Que, estimando integramente a demanda interposta por Manuel Fernández García contra a empresa Toso Mariña, S.L., debo condenar e condeno a demandada a lle aboar ao demandante a cantidade de 3.554,26 euros, que devindicará os xuros procesuais previstos no artigo 251 da LRXS, así como ao pagamento das custas causadas, incluídos os honorarios da letrada da parte demandante ata o límite de 600 euros. Isto sen prexuízo da responsabilidade que legalmente ten atribuída o Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta resolución ás partes, coa advertencia de que non é firme e contra ela cabe interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación, por conduto deste xulgado, ante o cal deberá ser anunciado tal propósito mediante comparecencia ou por escrito, e cos demais requisitos exixidos nos artigos 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

E para que sirva de notificación en forma a Toso Mariña, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Lugo, 16 de abril de 2014

O secretario xudicial