Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Martes, 13 de maio de 2014 Páx. 21475

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 20/2013).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 20/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Rouco López contra a empresa José Luis Seijo Casal, se ditou Decreto 280/2014, do 3 de abril, declaro firme no día de hoxe, polo cal se declarou a insolvencia total, que se entenderá para todos os efectos como provisional, do executado José Luis Seijo Casal (DNI 33262964-L), pola suma de 10.962,20 euros (2.250,98 euros indemnización + 7.196,88 euros netos salarios + 1.514,34 euros horas extraordinarias) en concepto de principal, máis outros 1.096,22 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros, o que se fai público para os efectos previstos no artigo 276.5 da Lei reguladora da xurisdición social.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2014

La secretaria judicial