Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Martes, 13 de maio de 2014 Páx. 21476

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (declaración de insolvencia 228/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que na execución seguida neste xulgado co número 228/2012, por instancia de Ana Rosa Santas Carral, contra o executado Pablo Antonio Nouche Ferreira, sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 15 de abril de 2014 decreto de insolvencia, no sentido de declarar o executado en situación de insolvencia total, por importe de 8.332,69 euros de principal, máis 1.029,60 euros en concepto de xuros de mora, máis 936,22 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2014

A secretaria xudicial