Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Martes, 13 de maio de 2014 Páx. 21477

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (execución de títulos xudiciais 228/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais número 228/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana Rosa Santas Carral contra a empresa Pablo Antonio Nouche Ferreira, sobre reclamación de cantidade, se ditou decreto con data do 15 de abril de 2014, cuxa parte dispositiva é como segue:

Parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar o/os executado/s Pablo Antonio Nouche Ferreira, en situación de insolvencia total por importe de 8.332,69 euros de principal, máis 1.029,60 euros en concepto de xuros de mora, máis 936,22 euros que se orzan provisionalmente en concepto de xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Publicar a insolvencia no Diario Oficial de Galicia.

d) Levar o orixinal ao libro de decretos e testemuño á presente execución.

Notifíquese ás partes e a Pablo Antonio Nouche Ferreira por medio de edictos no Diario Oficial de Galicia, e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante este órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3, aberta no banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0228 12. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberase ingresar na conta número 000493569920005001274, e no campo “concepto”, deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0228 12”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, incluso se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a cal se recorreu, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/A secretario/a xudicial».

E para que sirva de notificación a Pablo Antonio Nouche Ferreira, expido este edicto.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2014

A secretaria xudicial