Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Martes, 13 de maio de 2014 Páx. 21479

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (208/2012).

Declaración de insolvencia.

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela (A Coruña), fai saber que na execución seguida neste xulgado co número 208/2012 e acumuladas, por instancia de Uxía Elvira Otero Romero e Xosé Manuel Otero Ferreiro contra o executado José Ramón Otero Ferreiro, sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 15 de abril de 2014 decreto de insolvencia, no sentido de declarar o executado en situación de insolvencia total, por importe de 51.553 euros de principal, máis 722,33 euros en concepto de xuros de mora, máis 5.117,82 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2014

A secretaria xudicial