Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Martes, 13 de maio de 2014 Páx. 21480

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (36/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número tres de Santiago de Compostela, fai saber que na execución seguida neste xulgado co número 36/2014, por instancia de Ana Belén Carracedo Fraiz contra a executada María Milagros Loureiro Ferreiro, sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 16 de abril de 2014 decreto de insolvencia, no sentido de declarar o executado en situación de insolvencia total, por importe de 4.300 euros de principal, máis 430 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2014

A secretaria xudicial