Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Martes, 13 de maio de 2014 Páx. 21470

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (1125/2011).

Sarai Paniagua Acera, secretaria xudicial do Xulgado de Primera Instancia número 5 de Vigo, por medio do presente

Anuncio:

Neste procedemento seguido por instancia de José Pato Borrajo fronte a Josefa Fidalgo Espinosa ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza número 390.

Vigo, 2 de xullo de 2012.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo (Xulgado de Familia) viu os autos seguidos neste xulgado baixo número 1125/2011, sobre modificación de medidas, por instancia de José Pato Borrajo, como demandante, representado pola procuradora dos tribunais María Miranda Valencia e baixo a asistencia letrada de Ricardo Lito Martínez Barros contra Josefa Fidalgo Espinosa, como demandada, declarada en situación de rebeldía procesual, sobre a base dos seguintes:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito)

Ditame.

Na demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Miranda Valencia, en nome e representación de José Pato Borrajo, representado pola procuradora dos tribunais Sra. Miranda Valencia, contra Josefa Fidalgo Espinosa, declarada en situación de rebeldía, estimo esta acordándose a extinción da pensión de alimentos que a demandante debe satisfacer ao seu fillo Wenceslao Pato Hidalgo.

As custas impóñense á parte demandada.

Modo de impugnación. Recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

Así, por esta sentenza, da cal se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, o pronuncio, mando e asino».

E encontrándose a dita demandada, Josefa Fidalgo Espinosa, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma.

Vigo, 11 de decembro de 2013

A secretaria xudicial