Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Martes, 13 de maio de 2014 Páx. 21520

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

EDICTO do 24 de febreiro de 2014, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, sobre resolución do expediente de clasificación do monte denominado Porta Cidrade e outros, solicitado en prol dos veciños da Saborida, A Balagosa, Lodeirón, Vilatuxe, Piñoi, Os Carballiños, Afonsín, A Carretera, O Outeiro, San Lourenzo, Gondoriz Pequeno e Gondoriz Grande, na parroquia de Vilatuxe, do concello de Lalín.

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise constar que:

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais de Pontevedra ditou a seguinte resolución:

«Asistentes.

Presidente: Miguel Ángel Pérez Dubois (xefe territorial).

Vogais:

Enrique Martínez Chamorro (xefe do Servizo de Montes).

Víctor Abelleira Argibay (representante do colexio de avogados da provincia).

X. Carlos Morgade Martínez (representante das CMVMC da provincia de Pontevedra).

Vogais representantes dos veciños de Saborida, A Balagosa, Lodeirón, etc.:

José Canda Rodríguez.

Luís Dictinio Louzao Ferradas.

Secretaria: Ana Belén Fernández Dopazo.

Na cidade de Pontevedra, ás 17.00 horas do día 18 de febreiro de 2014, coa asistencia das persoas á marxe indicadas, reúnese na 2ª planta do edificio administrativo sito no nº 43 da rúa Fernández Ladreda o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común co obxecto de decidir, entre outros asuntos, sobre a resolución do expediente de clasificación do monte denominado Porta Cidrade e outros, solicitado en prol dos veciños dos lugares de veciños de Saborida, A Balagosa, Lodeirón, Vilatuxe, Piñoi, Os Carballiños, Afonsín, A Carretera, O Outeiro, San Lourenzo, Gondoriz Pequeno e Gondoriz Grande, na parroquia de Vilatuxe, do concello de Lalín.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Con data de entrada do 30 de setembro de 2010, José Canda Rodríguez, veciño da parroquia de Vilatuxe, en representación dos veciños da Saborida, A Balagosa, Lodeirón, Vilatuxe, Piñoi, Os Carballiños, Afonsín, A Carretera, O Outeiro, San Lourenzo, Gondoriz Pequeno e Gondoriz Grande, do concello de Lalín, presenta solicitude de iniciación de expediente de clasificación do monte denominado Porta Cidrade e outros, e xunta informe técnico e pericial, coa descrición do monte e identificación de 3 parcelas: nº 1 de 389,4 ha, nº 2 de 21,32 ha e nº 3 de 0,28 ha de superficie.

Segundo. En data do 15 de outubro de 2010 Ramón Lorenzo Calvo e 15 veciños afirman que o monte a que se refiren non pertence aos titulares a favor de quen din actuar, sen acreditación, e que o monte esta incluído dentro dos montes de Vilatuxe.

Terceiro. O 18 de abril de 2011 o informe de topografía sinala que parte do monte solicitado se superpón coa petición de clasificación feita por Bustelos (a día de hoxe monte xa clasificado para Bustelos). Tamén advirte que parte dos terreos clasificados están inmersos nun proceso de concentración parcelaria da parroquia de Vilatuxe, e menciona unha relación de propietarios afectados (informe do Servizo de infraestruturas agrarias, folios do 93 ao 67, que cita polo menos 31 propietarios particulares). No plano foliado nº 69, onde se superpoñen a concentración e o solicitado hai, polo menos, 7 parcelas con propietarios particulares.

Cuarto. O 11 de maio de 2011 o Servizo de Montes realiza un informe previo á clasificación polo Servizo de Montes que pon de manifesto, entre outros aspectos destacables, os seguintes:

1. Que hai unha superposición de 4 ha coa petición de clasificación feita por Bustelo.

2. Que o terreo solicitado se superpón en parte coa concentración parcelaria da parroquia de Vilatuxe. Máis de 110 parcelas están afectadas por ambos os procesos de concentración e clasificación) e 11 delas son recoñecidas como de titularidade privada non veciñal polo proxecto de concentración.

3. Que non se presenta información que avale o uso comunal e continuado das parcelas.

Quinto. Que o 26 de xullo solicita información ao promotor José Canda Rodríguez sobre os aspectos especificados no punto anterior (folio nº 100).

Sexto: O 11 de novembro de 2011 o Servizo de Montes realiza o informe preceptivo para a clasificación. No informe, á parte de manifestar o xa indicado no informe previo, destaca os seguintes novos aspectos:

1. Que a parcela nº 1 está moi parcelada, algunhas das parcelas aparecen separadas por valos ou cercas onde se atopan cultivos agrarios, repoboacións forestais de piñeiro e eucalipto, así como formación de bosque de galería.

2. Que a parcela nº 2 engloba parcelas edificadas dos núcleos rurais da Saborida e A Balagosa. A dita parcela tamén está parcelada e conta cunha instalación deportiva e unha zona de aparcadoiro.

3. Que a parcela nº 3 está tamén parcelada.

Por último volve a concluírse que non se presenta información que avale o uso comunal e continuado das parcelas.

Setimo. O 8 de xuño de 2012 Miguel A. Angulló Canda presenta un informe técnico onde detalla os colindantes das 3 parcelas por clasificar.

Oitavo. O rexistrador da Propiedade de Lalín certifica con data do 25 de xuño de 2012 que os montes solicitados non aparecen inscritos nese rexistro.

Noveno. O 6 de setembro de 2012 Manuel Moa Acebedo achega un escrito onde alega que unha parcela que lle pertence por herdanza, denominada Monte das Castiñeiras de aproximadamente 1 ha, está incluída na parcela nº 1 (leira sinalada no plano foliado nº 50) solicitada para clasificar e achega planimetría e unha escritura de compravenda.

Décimo. O 10 de setembro de 2012 José Canda Rodríguez, promotor do expediente de clasificación, alega sobre o informe do técnico da Xunta o seguinte:

1. Que renuncia expresamente ás 4 ha que se superpoñen co solicitado polos veciños de Bustelos.

2. Que sobre a falta de aproveitamento continuado e parcelación existente no monte. O promotor presenta documentación histórica, como copia da epígrafe «Emolumentos do Común» do Libro Real de Leigos do Catastro do Marqués de la Ensenada (1752), copia do expediente de excepción de venda do Partido Xudicial de Lalín (1861), tamén unha sentenza do 16 de abril de 1955 sobre un xuízo de propiedade entre un particular (José Canda Dobarro) e Carmelo Louzao Fernández onde se afirma, non considerando, que o monte Val do Carballo o Pena de Panos é aproveitado polos veciños de Gondoriz.

Décimo primeiro. O 22 de setembro de 2012 Ramón Lorenzo Calvo e outros alegan o seguinte: que na solicitude se excluíron deliberadamente outros montes de Vilatuxe.

Décimo segundo. O 22 de setembro de 2012 Gerardo López Cobas, en representación da Asociación de Veciños de Vilatuxe, alega textualmente o mesmo que Ramón Lorenzo Calvo e outros.

Décimo terceiro. O 21 de setembro de 2012 José Canda Rodríguez presenta un novo escrito con declaracións xuradas en que se afirma que é publico e notorio que o aproveitamento dos montes foi realizado polos veciños da Saborida, A Balagosa, Lodeirón, Vilatuxe, Piñoi, Os Carballiños, Afonsín, A Carretera, O Outeiro, San Lourenzo, Gondoriz Pequeno e Gondoriz Grande, copias de libros de explotacións gandeiras de veciños de Vilatuxe e fotografías dos montes solicitadas (folios 405 a 419).

Décimo cuarto. Escrito do 21 de setembro de 2012 asinado por Manuel Fernández Romero e outros en que se alega textualmente o mesmo que Ramón Lorenzo Calvo e outros.

Décimo quinto. O 18 de outubro de 2012 José Canda Rodríguez presenta un novo escrito en contra das alegacións de 2012 de Ramón Lorenzo Calvo e outros e Asociación de Veciños de Vilatuxe onde manifesta o seguinte:

1. Que a non solicitude dos montes como os de Bustelo, Barciela e Castro de Arriba non é obstáculo para a tramitación do expediente perante o Xurado de Montes.

2. Que a afirmación de que os montes a que se refire o expediente pertencen aos veciños de todos os lugares de Vilatuxe é falsa, xa que para el, si existe unha división do monte de Vilatuxe recoñecida polo Xurado de Montes no caso de Moa.

3. Os montes de Barciela e Castro de Arriba están divididos e parcelados entre os veciños dos ditos lugares (folio nº 423).

Á vista da documentación presentada polo solicitante e o informe do Servizo de Montes, os montes obxecto do presente expediente obedecen á seguinte descrición:

Concello: Lalín.

Parroquia: Vilatuxe.

Os montes afectados polo proceso de clasificación son os siguientes: Porta Cidrade, Fulgueira, Cabadoso, Casteliño, Valdecarballo, Pena de Panos, Valibó, Val de Reboiras, Penidos, Navelle, Os Agüeiros, Val de Castiñeira e O Val.

Este monte conta con unha superficie total de 411,017 ha repartidas en tres parcelas que se describen a seguir:

A parcela nº 1, cunha superficie de 389,417 ha e a maior das parcelas, inclúe  os montes de Carballeda, Porta Cidrade, Fulgueira, Xestadelo, Cabadoso, Casteliño, Valdecarballo, Pena de Panos, Valibó, Val de Reboiras, Penidos, Navelle, Os Agüeiros e Val de Castiñeira.

A descrición dos seus límites é a seguinte:

Norte:

Veciños de Barciela, río Deza (450 m), Antonio lglesias Presas, María Mercedes Rodríguez Arca, Filomena Crespo Reboredo, José Canda Dobarro, María Mercedes Rodríguez Arca, Eduardo Estévez Ferradas, José María Donsión Dobarro, Antonio Donsión Presas, José Canda Dobarro, Manuel Reboredo Acevedo, Balbino Álvarez Crespo, Guillermo González Lois, Antonio Iglesias Presas, María Mercedes Rodríguez Arca, Filomena Crespo Reboredo, José Canda Dobarro, María Mercedes Rodríguez Arca, Eduardo Estévez Ferradas, José María Donsion Dobarro, Jesús María Aller Rodríguez, José Marcial Sánchez Ferradas, Miguel Luís Gomez García, Manuel Reboredo Acevedo, Eduardo Estévez Ferradas, Manuel María Calvo Presas, María Esther Gómez García, José Acevedo Taboada, Ana María Fernández Montoto, María Alicia Silva García, Jesús Montoto Rodríguez, Jaime Ferradas Abeledo, Consuelo Fernández Ferradas, Victoriano Dobarro Pereira, Manuel Reboredo Acebedo, Elvira Faílde Montero, Rosa Donsión González, María Alicia Silva García, María Beatriz Acevedo Ramos, Antonio García Rodríguez, Miguel Luís Gómez García, Raúl Sampayo Franco, María Pura Ferradas Taboada, ConsueIo Fernández Ferradas, Luis Chacón Souto, Antonio Ramos Solares, María Alicia Silva García e outros, María Beatriz Acevedo Ramos, Taboada Baldomero e María Dolores Consuelo, Manuel Calvo Dobarro, Filomena Silva Jubin, María Dolores Rodríguez Gutiérrez, Antonio Rodríguez Gutiérrez, José Dositeo Lamas Rodríguez, José Bartolomé Lamas Lorenzo e outros, Filomena Silva Jubin, Lino Estévez Rodríguez, José Dositeo Lamas Rodríguez, José Bartolomé Lamas Lorenzo e outros, Filomena Silva Jubin, María Ramona Estévez Costa e outros, Ángel Fernández Cerdeira e outo, José Bartolomé Lamas Lorenzo e outros, Filomena Silva Jubin, María Ramona Estévez Costa e outros, Manuel Toimil Silva, José González González, María Asunción Barros Taboada, Ángel Fernández Taboada, María Esther Gómez García, Manuel Ogando López, José Taboada Otero, Gonzalo Lois Taboada, Gonzalo Lois Taboada, Josetina Taboada Dobalo e outra, Antonio Guillemio Fernández Taboada, José Dositeo Lamas Rodríguez, Félix Barros Taboada, María Dolores Ramos Iglesias, Concepción Dobarro Sampayo e outra, José Taboada Otero, María Dolores Ramos Iglesias, Manuel Pájaro Dovalo, Gonzalo Lois Taboada, Gonzalo Lois Taboada, Antonio Guillermo Fernández Taboada, Gonzalo Lois Taboada, María Dolores Ramos Iglesias, Gonzalo Lois Taboada, Josefina Taboada Dobalo e outra, Félix Barros Taboada, José Calvo Sampayo, Félix Barros Taboada e outros.

Leste: 100 metros pola estrada A Castiñeira a Carballeda, propiedades de José Calvo Sampayo, Josefina Taboada Dobalo e outra, Manuel Pájaro Dovalo, María Dolores Ramos Iglesias, María Asunción Barros Taboada, Dolores Rodríguez Calvo, José Calvo Sampayo, Olga Iglesias Calvo, José Calvo Sampayo, Antonio Guillermo Fernández Taboada, Concepción Dobarro Sampayo e outros.

Sur: veciños da Castiñeira, río Chedas e propiedades de José Calvo Sampayo, Alicia Granja Bernárdez, José Troitiño Bernárdez, María Paz Silva Calvo, José Troitiño Bernárdez, Olga Iglesias Calvo, Eduardo Estévez Ferradas, María Lucía Covas Rodríguez, río de Chedas, monte de Moa, río Deza, monte de Moa.

Oeste: linda co monte veciñal de Bustelos.

Esta parcela n° 1 conta con catro encravados nos cales se inscriben as seguintes parcelas:

a) Val de Carballo.

José María Malo Cachafeiro, Manuel María Calvo Presas, Manuel María Calvo Presas, José Senra Calvo.

b) Val de Reboiras.

María Lucía Covas Rodríguez, Ramona Covas Taboada, Antonio Covas Dobarro e outros, Maria Dolores Consuelo Taboada Baldonedo.

c) Val de Cervas.

Jesús Montoto Rodríguez, María Amaro Dobalo, Bernardino García Carrera, Francisco Silva Nieves, María Amaro Dobalo, José Ferradas González, José Argiz Silva, Consuelo Ramos Silva.

d) Os Aguieiros.

Veciños de Vilatuxe.

B. Parcelas nº 2

Cunha superficie de 21,316 ha inclúe os montes de Lodeirón, A Balagosa e O Val.

Os seus lindes son:

Norte: propiedades de Dolores Otero Ferradas, Fernando Otero Femandez e outros.

Leste: propiedades de Manuel Silva Dobarro, José Fernández Novoa, Consuelo Varela Regalade, Antonio Fernández Rodríguez, Bernardino García Carrera, Berta Álvarez Rey, José Fernández Rodríguez, Antonio Fernández Rodríguez, Manuel Iglesias Arguiz, Sara Gomes Dobalo, Olga Iglesias Calvo, Antonio Alonso Donsión, Dolores Rodríguez Castro, Carmen Otero Fernández, Antonio Troitiño Jar, Félix Barros Taboada, Manuel Toimil Silva, Manuel Pájaro González, Daniel Fernández Baldomero e outros, Lucita Villar Jar e outros, Antonio Fernández Rodríguez, Paulino López Otero, Ada Larroy Silva, Manuel Pájaro Dovalo, Manuel Pájaro Dovalo, María Eva Otero Fernández, José Acevedo Vázquez, Manuel Toimil Silva, Sara Gomes Dobalo, Consuelo Varel Regalade, Consuelo Varela Regalade, Paulino López Otero, Antonio Fernández Rodríguez, José Troitiño Bernárdez, Lucita Villar Jar e outros, Manuel Toimil Silva, Antonio Troitiño Jar, Antonio Alonso Donsién, Dolores Rodríguez Castro, Antonio Troitiño Jar, Manuel Silva Dobarro, Eligio Otero Silva, Antonio Fernández Rodríguez, José Fernández Rodríguez, Elena Otero Fernández, José Fernández Novoa, Manuel Silva Dobarro, Consuelo Varela Regalade, Manuel Pájaro Dovalo e outros.

Sur: camiño, propiedades de José Taboada Otero, José Taboada Otero, José Taboada Otero, María Esther Goméz García, Gonzalo Lois Taboada, María Dolores Ramos Iglesias, Manuel Pájaro Dovalo, Manuel Pájaro Dovalo, Manuela Silva Álvarez, Antonio Guillermo Fernández Taboada, Antonio Guillermo Fernández Taboada.

Oeste: propiedades de José Fina Taboada Dobalo e outros, Gonzalo Lois Taboada, Otilia Silva Nieves, Manuel Ogando López, Otilla Silva Nieves, Manuel Rodríguez Gutierrez, Filomena Silva Jubin, José Bartolomé Lamas Lorenzo e outros, José Dositeo Lamas Rodríguez, María Ramos Estévez Costa e outros, José Taboada Casado, María Ramona Estévez Costa, Dionisio Taboada González, José Estevez Rodríguez, Filomena Silva Jubin, María Dolores Rodríguez Gutiérrez, Filomena Silva Jubin, Francisco Silva Nieves, Manuel Estévez Rodríguez, estrada PO 203.

C. Parcela nº 3.

Cunha superficie de 0,284 ha sita na zona de Pía, no cruzamento entre o camiño que desde Pía vai para Val de Reboiras e aos Aguieiros.

Os seus lindes son: 

Norte: camiño veciñal.

Leste: camiño veciñal.

Sur: camiño veciñal.

Oeste: camiño veciñal.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común ten a competencia para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter segundo o teor do establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co artigo 1 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 1 do Decreto 240/1992, do 4 de setembro, cómpre entender por montes veciñais en man común «... os terreos radicados na Comunidade Autónoma de Galicia que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e os veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade, sen asignación de cotas, aos membros daquelas na súa condición de veciños».

Así, segundo abondosa xurisprudencia, o feito que xustifica a clasificación ou non como veciñal dun determinado monte, en vía administrativa, é a circunstancia de terse ou non demostrado o aproveitamento consuetudinario en man común, prescindindo das cuestións relativas á propiedade e demais dereitos reais.

Terceiro. Por outra banda, de conformidade co artigo 2 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, considérase monte:

«o terreo forestal todo terreo en que vexetan especies forestais arbóreas, arbustivas, de matogueira ou herbáceas, sexa espontaneamente ou que procedan de sementeira ou plantación, que cumpran ou poidan cumprir funcións ambientais, protectoras, produtoras, culturais, paisaxísticas, sociais ou recreativas».

Teñen tamén a consideración de monte ou terreo forestal:

a) Os terreos ermos, os rochedos e os areais.

b) As construcións e as infraestruturas destinadas a servizo do monte en que se localizan, así como os equipamentos e as infraestruturas de uso sociorrecreativo.

c) Os terreos de antigo uso agrícola e con polo menos dez anos continuados de abandono, sempre que adquirisen sinais inequívocos do seu carácter forestal, cando formen parte de superficies continuas de polo menos 5 hectáreas, agás que se trate de terreos que estean incluídos con ese fin nun banco de terras ou instrumento semellante.

d) Todo terreo que, sen reunir as características descritas anteriormente, se adscriba coa finalidade de ser repoboado ou transformado á actividade forestal, de conformidade coa normativa aplicable.

e) Os enclaves forestais en terreos agrícolas coa superficie mínima de 5 hectáreas, a non ser que se compoñan os ditos enclaves de masas de especies forestais de frondosas do anexo 1 cunha idade media de polo menos dez anos, diminuíndose, para estes casos, a dita superficie mínima ata 1 hectárea.

2. Non teñen a consideración de monte ou terreo forestal:

a) O solo urbano e o solo de núcleo rural.

b) O solo urbanizable delimitado, coas excepcións sinaladas na disposición transitoria quinta.

c) Os terreos de dominio público, agás os que integran o dominio público forestal.

d) Os terreos rústicos de protección ordinaria destinados a cultivo agrícola.

e) Os terreos rústicos de especial protección agropecuaria, sen prexuízo do establecido no artigo 61 desta lei.

3. En solos rústicos de especial protección, os aproveitamentos forestais rexeranse polo disposto nesta lei en todo aquilo en que non se lles aplique a súa normativa específica.

Cuarto. Para que un monte sexa declarado veciñal en man común o aproveitamento debe quedar acreditado non só nun pasado senón tamén no presente e de xeito continuado; así o establece o artigo 1 da Lei 13/1989 e as diversas resolucións xudiciais que o interpretan, concluíndo que o decisivo para a inclusión dun monte na categoría de veciñal en man común é que resulte acreditada a constante posesión continuada do aproveitamento dos monte polos veciños de forma mancomunada (STS do 7.3.2001).

Quinto. Pois ben, tendo en conta o anterior, e despois de analizar a planimetría aportada, a documentación presentada, o informe do Servizo de Montes e demais consultas e visitas realizadas, conclúese:

1. Que gran parte dos montes están parcelados e mesmo nalgunhas das parcelas o proceso de concentración recoñéceas como de titularidade privada.

2. Que nas parcelas de monte nº 1 e nº 3 aparecen varias parcelas separadas por valos ou cercas onde se atopan cultivos agrarios, repoboacións forestais de piñeiro e eucalipto. Que a parcela de monte nº 2 engloba parcelas edificadas dos núcleos rurais da Saborida e A Balagosa; a dita parcela tamén está parcelada e conta cunha instalación deportiva e unha zona de aparcadoiro.

Estas situacións non avalan un uso comunal e continuado do monte e, por tanto, non queda acreditada a constante posesión continuada do aproveitamento dos montes polos veciños, senón, pola contra, un uso privativo dos aproveitamentos do monte.

3. Que a documentación que presentan os promotores non demostra a este xurado que exista un uso actual e continuado sen asignación de cotas, como establece o artigo 1 da Lei 13/1989, unha vez exposto o anteriormente indicado.

En consecuencia, vista a Lei galega 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e demais preceptos legais e regulamentarios de xenérica e específica aplicación, o instrutor propón e o Xurado acorda por unanimidade:

Non clasificar como veciñais en man común os montes denominados Porta Cidrade, Fulgueira, Cabadoso, Casteliño, Val de Carballo, Pena de Panos, Valibó, Val de Reboiras, solicitada, en prol dos veciños da Saborida, A Balagosa, Lodeirón, Vilatuxe, Piñoi, Os Carballiños, Afonsín, A Carretera, O Outeiro, San Lourenzo, Gondoriz Pequeno e Gondoriz Grande, da parroquia de Vilatuxe (Lalín) ao non reuniren os requisitos exixidos no artigo 1 da Lei 13/1989.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor con carácter potestativo recurso de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpor directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da presente notificación, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa».

Pontevedra, 24 de febreiro de 2014

Miguel Ángel Pérez Dubois
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra