Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Luns, 12 de maio de 2014 Páx. 21295

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1223/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1223/2013 por instancia de Ana María Marulanda Correa contra Roelbarin, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, nos cales se ditou auto de aclaración de sentenza con data do 15 de abril de 2014, que copiado nos particulares necesarios di así:

Auto.

Nicolás Emilio Pita Lloveres. Maxistrado xuíz.

A Coruña, quince de abril de dous mil catorce.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Que con data do 18 de marzo de 2013 se ditou a sentenza nos presentes autos pola que se admitía a demanda interposta por Ana María Marulanda Correa.

Segundo. Que apreciando erro no contido da decisión é procedente ditar a resolución presente.

Fundamentos de dereito.

Único. De conformidade co que establece o artigo 267, parágrafo segundo, da Lei orgánica do poder xudicial, «Os erros materiais manifestos e os aritméticos poderán ser rectificados en calquera momento». E o parágrafo terceiro que, así mesmo, dispón que «estas aclaracións ou rectificacións poderán facerse de oficio dentro do día hábil seguinte ao da publicación da sentenza», despois de apreciarse erro na resolución que agora se aclara no sentido que logo se dirá.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

A súa señoría acorda: procede a aclaracion solicitada.

E en consecuencia, a decisión da sentenza quedará do teor literal seguinte:

Decisión.

Estímase a demanda formulada por Ana María Marulanda Correa fronte a Roelbarin, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Roelbarin, S.L. á demandada Ana María Marulanda Correa.

– Condénase a Roelbarin, S.L. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión da demandante ou o aboamento dunha indemnización de 1.713,26 euros; o aboamento da dita indemnización determina a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión deberá aboar os salarios de tramitación que desde a data do despedimento ata a presente importan 6.967,02 euros, aos cales deberán engadirse os que se devindiquen ata a súa notificación, a razón de 41,97 euros diarios.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

O maxistrado xuíz. A secretaria xudicial.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Roelbarin, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 21 de abril de 2014

A secretaria xudicial