Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Luns, 12 de maio de 2014 Páx. 21297

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (719/2008).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 719/2008, por instancia de Antonio Díaz Rodríguez contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Galega, o Servizo Galego de Saúde, a empresa Francisco Loureda Manteiga, sobre determinación de continxencia, nos cales se ditou sentenza o 9 de abril de 2014 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que se desestima a demanda interposta por Antonio Díaz Rodríguez fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Galega e a empresa Francisco Loureda Manteiga e absólvese as citadas entidades das pretensións fronte a eles dirixidas.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Francisco Loureda Manteiga, expido e asino a presente.

A Coruña, 21 de abril de 2014

A secretaria xudicial