Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Luns, 12 de maio de 2014 Páx. 21284

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Ferrol

EDICTO (915/2011).

No procedemento de referencia ditouse sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza: 118/2012.

Xuíz que a dita: Javier Tudela Guerrero.

Lugar: Ferrol.

Data: 25 de maio de 2012.

Demandante: Eduardo Anidos Fernández.

Avogado: Gustavo Piñón Carro.

Procuradora: Fátima Pereira Santelesforo.

Demandada: Isabel Castro Castro.

Procedemento: procedemento ordinario 915/2011.

Decido:

Acordo: estimar a demanda presentada por Eduardo Anidos Fernández contra Isabel Castro Castro e:

I. Condeno a segunda a reintegrar ao primeiro a cantidade de 12.000 euros como reintegro do préstamo recibido en marzo de 2007.

II. A anterior cantidade devindica os xuros legais desde a presentación da demanda, o 30 de decembro de 2011, ao tipo legal.

III. As custas impóñense á demandada.

Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de vinte días, por escrito e acreditando o ingreso do depósito correspondente.

Así o acordo, mando e asino.

O maxistrado».

E, como consecuencia do ignorado paradoiro de Isabel Castro Castro, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Ferrol, 11 de abril de 2014

O/A secretario/a xudicial