Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Luns, 12 de maio de 2014 Páx. 21282

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 16 de abril de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, polo que se resolve a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefe da sección de Informática (área funcional de calidade, investigación, desenvolvemento e innovación).

Convocada por Resolución do 30 de agosto de 2013 (Diario Oficial de Galicia núm. 181, do 23 de setembro), a provisión dun posto de xefe da sección de Informática (área funcional de calidade, investigación, desenvolvemento e innovación) da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, esta xerencia, de conformidade coa competencia atribuída na Orde da Consellería de Sanidade do 5 de xullo de 2012 (Diario Oficial de Galicia núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVE:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefe da sección de Informática (área funcional de calidade, investigación, desenvolvemento e innovación) da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, convocado, por Resolución do 30 de agosto de 2013 (Diario Oficial de Galicia núm. 181, do 23 de setembro).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. A aspirante nomeada deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ao destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada da interesada, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terá a consideración de servizo activo e percibiranse os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de alzada perante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación nos termos dos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 16 de abril de 2014

Francisco José Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña

ANEXO

Denominación do posto: xefe da sección de Informática (área funcional de calidade, investigación, desenvolvemento e innovación) da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

Nome e apelidos: Dolores Elisa Rimada Mora.

DNI: 32764394-C.