Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Luns, 12 de maio de 2014 Páx. 21286

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1209/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1209/2013, por instancia de Fernando Mouco Rodríguez contra a empresa Biforis Accesorios de Madera, S.L., sobre despedimento, nos cales se ditou sentenza o 11.3.2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución.

Estímase a demanda formulada por Fernando Mouco Rodríguez fronte a Biforis Accesorios de Madera, S.L. e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Biforis Accesorios de Madera, S.L. ao demandante.

– Enténdese, ante a imposibilidade de readmisión, feita a opción pola indemnización.

– Declárase a extinción, con data da presente resolución, da relación laboral que unía o demandante coa empresa Biforis Accesorios de Madera, S.L.

– Condénase a Biforis Accesorios de Madera, S.L. a aboar a Fernando Mouco Rodríguez, en concepto de indemnización, a cantidade de trinta mil corenta e un euros con cincuenta e sete céntimos de euro (30.041,57 euros).

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Biforis Accesorios de Madera, S.L. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 16 de abril de 2014

A secretaria xudicial