Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Venres, 9 de maio de 2014 Páx. 21150

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra

EDICTO (849/2013).

Eu, Gemma Antolín Pérez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, polo presente, anuncio:

Neste procedemento de divorcio contencioso 849/2013, seguido por instancia de Mónica del Pilar Quijano Valencia, contra Miguel Ángel Cendón López, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

Resolvo que debo estimar e estimo integramente a demanda presentada pola procuradora Sra. Conde Abuín, en nome e representación de Mónica del Pilar Quijano Valencia, contra Miguel Ángel Cendón López, en rebeldía procesual, e debo declarar e declaro a disolución por divorcio do matrimonio contraído entre os litigantes o día 19 de abril de 2003, matrimonio que foi inscrito no tomo 115, páxina 496 da Sección 2ª do Rexistro Civil de Pontevedra, con todos os efectos legais que a dita declaración comporta.

Acórdanse as seguintes medidas que deberán rexer as relacións entre os cónxuxes, sen prexuízo da súa modificación no caso de variación das circunstancias concorrentes no momento da súa adopción:

1ª. Sen prexuízo da patria potestade compartida, atribúeselle a Mónica del Pilar Quijano Valencia a custodia dos fillos comúns do matrimonio, menores de idade, Miguel Ángel e Michelle Stefany.

2ª. Atribúeselles á esposa e aos fillos do matrimonio o uso e desfrute do domicilio familiar e dos obxectos do enxoval que se atopan neste.

3ª. Miguel Ángel Cendón López deberá aboar, en concepto de contribución ás cargas do matrimonio como alimentos aos fillos, a suma de 200 euros ao mes, que o pai deberá satisfacer dentro do cinco primeiros días de cada mes, mediante ingreso na conta corrente designada pola nai. Esta cantidade revalorizarase anualmente elevándose na mesma proporción que experimente o índice de prezos de consumo que publica periodicamente o Instituto Nacional de Estatística ou organismo que o substitúa. A primeira elevación producirase ao ano da entrada en vigor destas medidas.

Respecto dos gastos extraordinarios dos fillos, serán aboados por metade por ambos os proxenitores cando exista acordo sobre a súa realización, teñan orixe médica ou educativa ou cando sexan autorizados xudicialmente en defecto de acordo dos cónxuxes. Fóra destes supostos, os gastos extraordinarios serán satisfeitos por aquel dos proxenitores que acordase a súa realización.

Dada a natureza do presente procedemento, non procede realizar pronunciamento en canto ás custas procesuais.

Unha vez que sexa firme esta resolución, comuníqueselle de oficio ao Rexistro Civil onde consta inscrito o matrimonio dos cónxuxes litigantes.

Notifíqueselles esta resolución en forma legal ás partes, ás cales se lles advirte que contra ela cabe recurso de apelación, para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, no prazo de vinte días contados desde a súa notificación, que se tramitará polas regras establecidas na Lei de axuizamento civil.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando nesta instancia, de conformidade coa autoridade que me confiren a Constitución de 1978 e a Lei orgánica do poder xudicial, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior resolución foi lida e publicada polo maxistrado-xuíz que a autoriza, en audiencia pública, no lugar e na data indicados nela. Dou fe.

Ao estar o dito demandado, Miguel Ángel Cendón López, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 3 de abril de 2014

A secretaria xudicial