Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Venres, 9 de maio de 2014 Páx. 21152

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (981/2013).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 981/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marco Antonio Otero Costa contra a empresa Roelbarin, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou resolución con data do 18 de febreiro de 2014, dirixida, entre outros, a Roelbarin, S.L., contra a cal se poderá interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días. Faise saber que no citado órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

E para que lle sirva de notificación en forma a Roelbarin, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 15 de abril de 2014

A secretaria xudicial