Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Venres, 9 de maio de 2014 Páx. 21153

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1322/2010).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento seguridade social 1322/2010 deste xulgado do Social, seguido por instancia de Sandra del Río Liñares contra a Mutua Gallega, José Manuel Casas Señarís, sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

«Que debo estimar e estimo a demanda interposta por Sandra del Río Liñares conta a empresa José Manuel Casas Señarís, Mutua Gallega, Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais número 201, e debo condenar e condeno a aboar á demandante, con carácter solidario, a cantidade de 1.491,79 euros en concepto de diferenza de prestacións de incapacidade temporal absoluta desde o 8 de xullo ata o 24 de novembro de 2009, cantidade que debe anticipar a mutua codemandada, sen prexuízo da posibilidade de repetir pola dita cantidade fronte á empresa codemandada José Manuel Casas Señarís.

Notifíquese ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a José Manuel Casas Señarís, actualmente en paradoiro descoñecido, insiro este edicto no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2014

A secretaria xudicial