Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 7 de maio de 2014 Páx. 20762

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2014, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se crea e clasifica un posto de traballo reservado a funcionarios/as con habilitación de carácter nacional no Consorcio para a Xestión do Ciclo Urbano da Auga do Louro.

O Consorcio para a Xestión do Ciclo Urbano do Auga do Louro formula proposta relativa á creación do posto de secretaría-intervención, como reservado a funcionarios con habilitación de carácter nacional pertencentes á subescala de secretaría-intervención, conforme o acordo adoptado polo comité directivo en sesión celebrada o 27 de setembro de 2013, sobre aprobación da relación de postos de traballo.

O artigo 5.1 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/as funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, establece que os postos de traballo reservados a funcionarios/as con habilitación de carácter estatal en áreas metropolitanas, mancomunidades de municipios e consorcios locais clasificaranse en atención ao orzamento propio de que dispoña a dita entidade local como se indica a seguir:

Orzamento superior a 18.000.000 de euros: clase primeira.

Orzamento superior a 6.000.000 de euros: clase segunda.

Orzamento inferior a 6.000.000 de euros: clase terceira.

Ao abeiro do previsto no artigo 2 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, sobre provisión de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, modificado polo Real decreto 834/2003, do 27 de xuño, o posto de secretaría do Consorcio para a Xestión do Ciclo Urbano da Auga do Louro está clasificada en clase terceira.

Na súa virtude, de acordo co establecido nos artigos 2 e 9 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, de provisión de postos de traballo reservados a funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional, e demais normativa de aplicación, e no uso das facultades que lle confire o artigo 15.1 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, en relación co artigo 241 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia, e a Orde do 14 de maio de 2013, sobre delegación de competencias,

DISPÓN:

Primeiro. Crear e clasificar o posto de traballo de secretaría-intervención do Consorcio para a Xestión do Ciclo Urbano da Auga do Louro, que se reserva a funcionarios/as con habilitación nacional pertencentes á subescala de secretaría-intervención, e o seu sistema de provisión é o concurso.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderá impugnarse directamente perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo o disposto no artigo 46 en relación co 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2014

José Alberto Pazos Couñago
Director xeral de Administración Local

ANEXO

Corporación: Consorcio para a Xestión do Ciclo Urbano da Auga do Louro.

Posto: secretaría-intervención.

Subescala: secretaría-intervención.

Forma de provisión: concurso.