Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 7 de maio de 2014 Páx. 20761

III. Outras disposicións

Xunta Electoral Provincial da Coruña

ACORDO do 6 de maio de 2014 polo que se fai pública a distribución de espazos gratuítos nos medios de comunicación de titularidade pública, a favor das entidades políticas concorrentes ás eleccións ao Parlamento Europeo, convocadas polo Real decreto 213/2014, do 31 de marzo, efectuada pola Comisión de Radio e Televisión o día da data e aprobada pola Xunta Electoral Provincial no mesmo día.

En cumprimento do previsto na Instrución 4/2011, do 24 de marzo, da Xunta Electoral Central, de interpretación do artigo 66 da Lei orgánica do réxime electoral xeral no relativo ás garantías de respecto aos principios de pluralismo, igualdade, proporcionalidade e neutralidade informativa polos medios de comunicación en período electoral, acórdase a publicación no Diario Oficial de Galicia do anuncio de aprobación da proposta de distribución de espazos gratuítos de propaganda electoral, nos medios de comunicación de titularidade pública, efectuada pola Comisión de Radio e Televisión o día 6 de maio de 2014, a favor das entidades políticas concorrentes ás eleccións ao Parlamento Europeo, que teñen dereito a espazos gratuítos de propaganda electoral. Así mesmo, faise constar que as entidades políticas que se consideren afectadas poden examinar esta proposta e os seus antecedentes, na Secretaría desta xunta, no prazo preclusivo do día seguinte ao da publicación do acuerdo e formular perante esta xunta electoral, dentro do mesmo prazo, os recursos que consideren oportunos.

A Coruña, 6 de maio de 2014

Manuel Ferreiro González
Secretario da Xunta Electoral Provincial da Coruña