Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 7 de maio de 2014 Páx. 20760

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2014 pola que se dá publicidade á encomenda de xestión á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, subscrita no exercicio 2014, para a realización dos traballos de explotación e mantemento dunha rede de calidade das augas e verteduras ao dominio público hidráulico (rede Cave).

Denominación: encomenda de xestión de Augas de Galicia á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental para a explotación e o mantemento dunha rede de calidade das augas e verteduras ao dominio público hidráulico (rede Cave).

Actividade: tarefas de mantemento precisas para o correcto funcionamento da rede automática de control da calidade das augas superficiais continentais e de control de verteduras ao dominio público hidráulico que reporta información das condicións do medio receptor en tempo real. O ámbito territorial de aplicación dos traballos que se van desenvolver é o integrado pola demarcación hidrográfica Galicia-Costa.

Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intrasubxectiva ao ser Augas de Galicia e a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental dous órganos dependentes da mesma Administración.

Prazo de vixencia: o período de execución é de seis meses contados a partir do 7 de abril de 2014.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2014

Francisco Menéndez Iglesias
Director xeral de Augas de Galicia