Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 7 de maio de 2014 Páx. 20764

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2014, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se exime o Consorcio dos Peares da obriga de manter un posto de traballo reservado a funcionarios/as con habilitación de carácter nacional.

A Dirección Xeral de Administración Local en virtude do artigo 5.1 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/as funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, ditou a Resolución de 25 do xaneiro de 2013 pola que se crea, clasifica e exime da obriga de manter o posto de secretaría-intervención o Consorcio Local dos Peares, cuxa forma de cobertura será polo sistema de acumulación previsto no artigo 44 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/as funcionarios/as con habilitación de carácter estatal.

O Consorcio Local dos Peares, en virtude de acordo adoptado polo Consello Xeral o 14 de outubro de 2013, formula proposta da aprobación da exención do posto de secretaría-intervención e opta para o desempeño destas funcións pola asistencia das deputacións de Lugo e Ourense das cales forma parte o consorcio.

O artigo 7.2 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/as funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, establece: «así mesmo, as mancomunidades de municipios e os consorcios locais poderán ser eximidos pola consellería competente en materia de réxime local, por proposta deles, logo de informe da deputación ou deputacións provinciais correspondentes, do deber de manter postos propios reservados a funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, cando o volume de servizos xestionados ou recursos dispoñibles, segundo o último orzamento aprobado, sexa insuficiente manifestamente insuficiente para o mantemento dos postos.

As funcións reservadas nas entidades que conten coa exención prevista no parágrafo anterior serán exercidas de xeito preferente polo sistema de acumulación previsto no artigo 44. Excepcionalmente, estas funcións serán desempeñadas polo persoal funcionario con habilitación de carácter estatal das entidades locais que a compoñen ou, na súa falta, polo servizo de asistencia da deputación provincial correspondente».

O artigo 5 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, de provisión de postos de traballo reservados a funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional, establece: «As funcións reservadas a funcionarios con habilitación de carácter nacional en entidades locais exentas serán exercidas polas deputacións provinciais, cabidos, consellos insulares ou entes supramunicipais, se non opta a entidade local polo sistema de acumulación».

Na súa virtude, de acordo co establecido nos artigos 4, 5 e 9 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, de provisión de postos de traballo reservados a funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional, e demais normativa de aplicación, e no uso das facultades que lle confire o artigo 15.1 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, en relación co artigo 241 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, e a Orde do 14 de maio de 2013, sobre delegación de competencias,

DISPÓN:

Primeiro. Eximir da obriga de manter o posto de secretaría-intervención o Consorcio dos Peares, sendo a súa forma de cobertura a través do servizo de asistencia ás entidades locais da Deputación Provincial de Lugo e da de Ourense das cales forma parte o consorcio.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderá impugnarse directamente perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo o disposto no artigo 46 en relación co 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2014

José Alberto Pazos Couñago
Director xeral de Administración Local

ANEXO

Entidade Local:. Consorcio dos Peares.

Posto de traballo: Secretaría. Clase: terceira.

Subescala: secretaría-intervención.

Forma de provisión: exento de mantemento-servizo de asistencia as entidades locais da Deputación Provincial de Lugo e Ourense.