Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 7 de maio de 2014 Páx. 20797

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2014 pola que se anuncia o procedemento aberto para a contratación documentalmente simplificada do servizo consistente na realización do control de calidade das verificacións administrativas e das verificacións sobre o terreo previstas no artigo 13 do Regulamento (CE) 1828 relativas a operacións aprobadas para cofinanciar co programa operativo Fondo Social Europeo (FSE) Galicia 2007-2013. O importe do obxecto de contratación está cofinanciado polo programa operativo FSE de Galicia 2007-2013, nun 80 %, no eixe 5, asistencia técnica do programa operativo FSE, tema prioritario 86.

1. Poder adxudicador.

a) Organismo: Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

c) Número de expediente: FA10/2014.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: o servizo consistente na realización do control de calidade das verificacións administrativas e das verificacións sobre o terreo previstas no artigo 13 do Regulamento (CE) 1828 relativas a operacións aprobadas para cofinanciar co programa operativo Fondo Social Europeo (FSE) Galicia 2007-2013. (O importe do obxecto de contratación está cofinanciado polo programa operativo FSE de Galicia 2007-2013, nun 80 % no eixe 5 asistencia técnica do programa operativo FSE, tema prioritario 86).

c) CPV: 79212100-4.

d) Prazo de execución: o prazo de execución deste contrato comezará o día seguinte ao da súa sinatura e estenderase ata o 31.12.2014.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación avaliables mediante a aplicación de fórmulas:

– Oferta económica: 70 puntos.

– Prazo de execución: 30 puntos.

4. Orzamento base de licitación.

a) Prezo: douscentos un mil cincocentos cincuenta e cinco euros con cincuenta céntimos (201.555,50 €), IVE excluído.

b) IVE: corenta e dous mil trescentos vinte e seis euros con sesenta e cinco céntimos (42.326,65 €).

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe do importe base de licitación, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, Servizo de Xestión Económica da Consellería de Facenda.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, nº 3.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 57 14 / 981 54 41 40.

e) Telefax: 881 99 91 91.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20445

g) Data límite de obtención de documentos: será a mesma que para a presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Acreditaranse por calquera das seguintes formas:

a) Solvencia económica, financeira, técnica e profesional: segundo o establecido na cláusula 15 do prego de cláusulas administrativas particulares e nas alíneas F e G da folla de especificacións.

b) Concreción das condicións de solvencia. Adscrición de medios: segundo o establecido na alínea H da folla de especificacións.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: ata as 19.00 horas (se cadra sábado ata as 14.00 horas) do décimo quinto (15) día natural, contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo coincide en domingo ou festivo, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado, na oficina do Rexistro Único e Información no Complexo Administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela. Se as proposicións se cursan por correo haberá que aterse ao previsto na cláusula 10.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes ou alternativas.

9. Apertura das ofertas: acto público.

a) Entidade e lugar: sala de xuntas da Consellería de Facenda.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, nº 3, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: unha vez rematado o prazo de presentación de proposicións farase pública no perfil do contratante a convocatoria da mesa pública para a apertura do sobre B.

10. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

11. Perfil do contratante.

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20445

Poderase consultar tamén na seguinte páxina web:

http://www.conselleriadefacenda.es/web/portal/perfil-do-contratante

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2014

P.D. (Orde do 9.1.2012)
Mª Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda