Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 7 de maio de 2014 Páx. 20801

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 23 de abril de 2014, da Subdirección Xeral de Auditoría de Fondos Comunitarios e Subvencións, sobre notificación por comparecencia para a entrega dun informe definitivo de control financeiro sobre unha subvención percibida por un beneficiario.

A Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en execución do Plan de control financeiro 2013, aprobado de conformidade co disposto no artigo 107 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia (DOG núm. 214, do 5 de novembro), e de acordo co previsto no artigo 94 do dito texto e no artigo 42 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 121, do 25 de xuño), está realizando un control financeiro a Chupetes Galicia, S.L., en relación coa subvención percibida (TR347D2008 contratación indefinida mozos desempregados), cofinanciada polo Fondo Social Europeo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante o presente anuncio faise saber:

1. Que, intentada a notificación do informe definitivo de control financeiro a Chupetes Galicia, S.L., non foi posible practicala.

2. Que, por medio do presente anuncio se pon de manifesto que Chupetes Galicia, S.L. ou persoas debidamente autorizadas deberán comparecer no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste no Diario Oficial de Galicia, nas oficinas da Subdirección Xeral de Auditoría de Fondos Comunitarios e Subvencións, sita no Edificio San Caetano, s/n, bloque nº 3 (Intervención Xeral da Comunidade Autónoma-Consellería de Facenda), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, co obxecto de facerlles entrega do informe definitivo de control financeiro efectuado a Chupetes Galicia, S.L.

3. Que, se rematado o prazo sinalado non comparecesen, a notificación entenderanse producida para todos os efectos legais desde o día seguinte ao do vencemento do prazo para comparecer.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2014

Jacinto Álvarez Somoza
Subdirector xeral de Auditoría de Fondos Comunitarios e Subvencións