Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 7 de maio de 2014 Páx. 20795

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

CÉDULA de citación (PO 1016/2012 M).

Susana Varela Amboage secretaria do Xulgado do Social número tres de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia da Fundación Laboral de la Construcción, en procedemento ordinario, rexistrado co nº 1016/2012, acordouse citar as codemandadas Pavimentos Compostela, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que comparezan na sala de vistas deste xulgado do social número tres de Santiago de Compostela, situado na rúa Berlín, s/n, Sala de Vistas 3, planta baixa, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, o día 20.5.2014 ás 10.15 horas e ás 10.20 horas, para a celebración dos actos de conciliación e, se for o caso, xuízo, e poden comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada acudindo con todos os medios de proba de que se intenten valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselle saber que se encontra ao seu dispor na oficina xudicial deste xulgado o decreto de admisión da demanda, así como copia desta e demais resolucións ditadas no presente procedemento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de citación a Pavimentos Compostela, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2014

A secretaria xudicial