Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Venres, 2 de maio de 2014 Páx. 19977

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (177/2013).

Número de autos: procedemento ordinario 177/2013.

Demandante: José Caamaño Coiradas.

Avogado: José Carlos Bouza Fernández.

Demandados: Construcciones Oslamo, S.L., Grupo Riotorto, S.L.

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 177/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Caamaño Coiradas contra a empresa Construcciones Oslamo, S.L., e Grupo Riotorto, S.L., sobre reclamación de cantidades, procedemento ordinario, se ditou sentenza cuxa decisión di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por José Caamaño Coiradas contra as entidades Construcciones Oslano, S.L., e Grupo Riotorto, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno solidariamente as anteriores a que lle aboen ao demandante a cantidade de 8.558,72 euros brutos (6.516 € líquidos) polos salarios devindicados entre outubro e decembro de 2012, así como paga extra de decembro de 2012, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtaselle ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa súa, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditándoo mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anunciarlo. Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación ás empresas Construcciones Oslamo, S.L. e Grupo Riotorto, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

A Coruña, 9 de abril de 2014

A secretaria xudicial