Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Venres, 2 de maio de 2014 Páx. 19979

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (632/2013).

Ana María Navarro Gómez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 632/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Villaverde Pena contra a empresa Construcciones y Reformas González Camiño, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, ditouse a seguinte sentenza, cuxa resolución se xunta:

«Resolución.

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por José Luis Villaverde Pena fronte a Construcciones y Reformas González Camiño, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento efectuado, con condena da empresa indicada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, a elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución.

A devandita opción deberá exercitarse en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito prazo sen que o empresario opte, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización que debe aboar a demandada é de 18.369,68 euros.

Notifíquese a presente sentenza ás partes facéndolles saber que contra ela poderá interpoñerse recurso de suplicación no prazo de cinco días, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contados desde a súa notificación e conforme os artigos 188 e seguintes da LPL, pasados os cales quedará firme en dereito.

Así o acordo, mando e asino.

O maxistrado»

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones y Reformas González Camiño, S.L., en ignorado paradoiro, expido el presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2014

A secretaria xudicial