Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Mércores, 30 de abril de 2014 Páx. 19801

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2014 pola que se crea un ficheiro de datos de carácter persoal.

O artigo 20 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (LOPD), establece que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só se poderá facer por medio de disposición xeral publicada no Boletín Oficial del Estado ou diario oficial correspondente.

Co fin de dar cumprimento ao mandato legal do artigo 20 da LOPD, sobre creación e modificación de ficheiros que conteñan datos de carácter persoal xestionados pola Universidade, asegurar aos administrados o exercicio dos seus lexítimos dereitos, e tendo cumprido os trámites establecidos na Lei 8/2001, do 13 de xullo, e o Decreto 99/2002, de 1 de xullo, esta reitoría

RESOLVE:

Primeiro. De conformidade co previsto no artigo 20 da LOPD, e para os efectos previstos, créase o ficheiro sinalado no anexo indicando o nivel de medidas de seguridade correspondente, en aplicación do Real decreto 1720/2007, de desenvolvemento da LOPD.

Segundo. O ficheiro que se indica no anexo rexerase polas disposicións xerais e instrucións que se sinalan, e estará sometido, en todo caso, ás normas legais e aos regulamentos de superior rango que lle sexan aplicables.

Terceiro. Ademais das cesións previstas, pódense realizar cesións sempre que se recollan nunha norma ou para os efectos de remitirlles os datos aos servizos estatísticos, tanto estatais como autonómicos, para o desenvolvemento das funcións propias destes servizos e entidades, e cos límites establecidos pola lei.

Cuarto. Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 21 de abril de 2014

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Ficheiro xestión de queixas

Nome: Sistema de queixas, suxestións e parabéns.

Descrición: ficheiro con datos de persoas usuarias que presentan queixas, suxestións e parabéns.

Finalidade: xestión e control do sistema de queixas, suxestións e parabéns.

Uso: xestión e control de persoas usuarias.

Persoas ou colectivos dos cales se pretende obter datos ou resultan obrigados a subministralos: persoas usuarias da Universidade de Vigo.

Procedemento de recollida de datos:

Procedencia dos datos: a persoa interesada ou o seu representante legal. Outras persoas físicas.

Procedemento de recollida: formularios. Transmisión electrónica/internet.

Soporte utilizado para a obtención: papel. Soporte informático e vía telemática.

Estrutura básica do ficheiro automatizado e descrición dos datos contidos nel:

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF. Nome e apelidos. Enderezo (postal, electrónico). Conta de usuario/a.

Cesións de datos que se prevén: non se prevén.

Responsable do ficheiro: Xerencia. Campus Universitario. CP 36310 Vigo. Pontevedra.

Órgano ante o cal se poden exercer os dereitos ARCO: Xerencia. Edificio Servizos Centrais. Campus Universitario, s/n. 36310 Vigo. Pontevedra.

Carácter do ficheiro: automatizado.

Nivel e medidas de seguridade: básico.