Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Mércores, 30 de abril de 2014 Páx. 19797

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2014 pola que se publican os requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da convocatoria de subvencións efectuada mediante Resolución do 23 de decembro de 2013 para proxectos de aforro e eficiencia enerxética referidos á renovación das instalacións de iluminación pública exterior existentes nos concellos de Galicia (ILE), con financiamento en parte procedente do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2007-2013 (Diario Oficial de Galicia núm. 18, do 28 de xaneiro de 2014).

O órgano instrutor do procedemento administrativo previsto no artigo 11 da Resolución do 23 de decembro de 2013, en diante bases reguladoras, revisou as solicitudes presentadas polas entidades locais interesadas en acollerse á presente convocatoria de subvencións.

Unha vez analizada a documentación descrita nos artigos 5 e 6 das bases reguladoras, identificáronse aqueles expedientes que non reúnen a totalidade dos requisitos exixidos na convocatoria, polo que procede emitir os oportunos requirimentos de emenda.

O artigo 12.2º das bases reguladoras dispón: «Tales requirimentos de emenda realizaranse, de conformidade co establecido no artigo 59.6.b) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e a través do taboleiro electrónico habilitado para estes efectos na páxina web do Inega (www.inega.es), onde se establecerá o contido pormenorizado do requirimento que se fai. Porén, en supostos excepcionais, poderase substituír a dita publicación pola notificación individual».

En virtude do anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) daquelas solicitudes que deban ser obxecto de emenda.

Segundo. Requirir as entidades solicitantes que figuran no anexo para que, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación da presente resolución no DOG, emenden a falta ou presenten os documentos preceptivos conforme se lles indique na información detallada do requirimento dispoñible no taboleiro electrónico, ao cal se accederá a través da aplicación informática habilitada para estas axudas co usuario e contrasinal do solicitante, desde a páxina web do Instituto Enerxético de Galicia
(www.inega.es), na epígrafe «Axudas concellos iluminación exterior 2014».

Do cómputo de días hábiles quedan excluídos os domingos e os declarados festivos, é dicir, incluiranse os sábados. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte (artigo 48 da Lei 30/1992, do 26 de novembro).

Terceiro. De acordo co disposto no artigo 12.1º das bases reguladoras, no suposto de que non se atenda o requirimento no prazo indicado, ou se a emenda resulta incompleta ou defectuosa, considerarase que o solicitante desiste na súa petición e arquivarase o expediente, logo da correspondente resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2014

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO
Solicitudes suxeitas a emenda de documentación
IN417P-Renovación das instalacións de iluminación pública exterior (ILE)

Código
de solicitude

NIF concello
representante/solicitante

Entidade solicitante

IN417P/14A5

P2705900E

Agrupación de Concellos de Sober, Pantón, O Saviñao, Carballedo e Chantada

IN417P/14A7

P2700300C

Agrupación de Concellos de Antas de Ulla, Taboada, Portomarín e Monterroso

IN417P/14A8

P2704200A

Agrupación de Concellos de Paradela, Bóveda, Sarria, A Pobra do Brollón, Quiroga, Folgoso do Courel e Monforte de Lemos

IN417P/14A10

P3200700G

Agrupación de Concellos de Bande, Verea, Muíños, Ramirás, A Merca, Lobios, Lobeira, Celanova e Quintela de Leirado

IN417P/14A11

P3208300H

Agrupación de Concellos de Trasmiras, Sarreaus, Sandiás, Porqueira e Calvos de Randín

IN417P/14A13

P1504700D

Agrupación de Concellos de Melide, Toques e Palas de Rei

IN417P/14A14

P3208700I

Agrupación de Concellos de Viana do Bolo, Riós, A Gudiña, Vilariño de Conso, A Veiga e O Bolo

IN417P/14A15

P1502700F

Concello de Coirós

IN417P/14A17

P2702800J

Concello de Lugo

IN417P/14A18

P3200900C

Agrupación de Concellos de Barbadás, Toén, Taboadela, San Cibrao das Viñas e Castrelo de Miño

IN417P/14A21

P1503200F

Agrupación de Concellos de Boimorto, Curtis, Sobrado e Vilasantar

IN417P/14A22

P3200600I

Agrupación de Concellos de Baltar, Vilar de Barrio, Baños de Molgas e Paderne de Allariz

IN417P/14A23

P1508200A

Agrupación de Concellos de Cerdido, Cedeira, As Somozas,
As Pontes de García Rodríguez e Valdoviño

IN417P/14A24

P1500300G

Agrupación de Concellos de Aranga, Irixoa, Monfero e Vilarmaior

IN417P/14A25

P3200400D

Agrupación de Concellos da Arnoia, Beade, Cortegada, Leiro e Cenlle

IN417P/14A26

P3202000J

Agrupación de Concellos do Carballiño, O Irixo e San Cristovo de Cea

IN417P/14A27

P3208600A

Agrupación de Concellos de Verín, Vilardevós, Laza, Cualedro, Monterrei e Oímbra

IN417P/14A28

P3602500E

Agrupación de Concellos de Redondela, Soutomaior, Ponte Caldelas, A Lama, Forcarei e Avión

IN417P/14A30

P2705400F

Agrupación de Concellos de Riotorto, Meira, Pol e Castroverde

IN417P/14A31

P2704800H

Agrupación de Concellos da Pontenova, Lourenzá, Barreiros, Mondoñedo, Trabada, Alfoz, Xove, Burela, Foz e Cervo

IN417P/14A32

P1508600B

Agrupación de Concellos de Touro, Boqueixón e Vedra

IN417P/14A33

P2702100E

Agrupación de Concellos de Xermade, Begonte, Muras, Vilalba e Guitiriz

IN417P/14A34

P3601200C

Agrupación de Concellos de Cotobade, Campo Lameiro, Cerdedo, Moraña e Cuntis

IN417P/14A35

P3606000B

Agrupación de Concellos de Catoira, Caldas de Reis, Pontecesures, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Meaño, Vilagarcía de Arousa e Poio (Agrupación Rías Baixas)

IN417P/14A36

P1500011J

Consorcio As Mariñas (Abegondo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada)

IN417P/14A37

P3600034G

Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño (Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda e Oia)

IN417P/14A38

P1500029B

Concello Oza-Cesuras

IN417P/14A39

P3205300A

Agrupación de Concellos de San Xoán de Río, O Pereiro de Aguiar, Parada de Sil, A Teixeira, Castro Caldelas e Nogueira de Ramuín

IN417P/14A41

P3600900I

Agrupación de Concellos de Crecente, As Neves, A Cañiza e Melón

IN417P/14A42

P1502400C

Agrupación de Concellos de Cerceda, Oroso, Mesía e Tordoia

IN417P/14A43

G36061174

Mancomunidade do Salnés (Cambados, Vilanova de Arousa, Illa de Arousa e O Grove)

IN417P/14A44

V36459709

Mancomunidade de Terras de Deza (Lalín, Silleda, Rodeiro, Agolada e Vila de Cruces)

IN417P/14A45

P3603800H

Agrupación de Concellos de Marín, Vilaboa e Pontevedra

IN417P/14A46

P1506900H

Agrupación de Concellos de Laxe, Ponteceso, Coristanco, Cabana de Bergantiños, Malpica de Bergantiños, Carballo, A Laracha e Arteixo

IN417P/14A48

P3201000A

Agrupación de Concellos de Vilamartín de Valdeorras, O Barco de Valdeorras, Petín, Rubiá, A Rúa e Carballeda de Valdeorras

IN417P/14A49

P1507800I

Agrupación de Concellos de Santa Comba, Ames, A Baña, Brión, Mazaricos e Val do Dubra

IN417P/14A50

P2706400E

Agrupación de Concellos de Cariño, Ortigueira, Mañón, O Vicedo, O Valadouro e Ourol

IN417P/14A51

P2702300A

Agrupación de Concellos de Guntín, O Páramo, Láncara, O Corgo, Friol, Baralla, As Nogais e Triacastela

IN417P/14A52

P1506800J

Agrupación de Concellos da Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Dodro, Padrón, Rianxo, Rois e Boiro

IN417P/14A53

P3600300B

Agrupación de Concellos de Baiona, Nigrán e Gondomar

IN417P/14A54

P3200300F

Agrupación de Concellos de Coles, Amoeiro, Ourense, A Peroxa, Maside e Vilamarín

IN417P/14A56

P1508700J

Agrupación de Concellos de Trazo, Ordes e Frades

IN417P/14A57

P1501500A

Agrupación de Concellos de Cabanas, Mugardos, Ares, Fene, Neda, A Capela, Pontedeume, Miño e Paderne

IN417P/14A58

P3601700B

Agrupación de Concellos da Estrada, Valga e Teo

IN417P/14A60

P1505800A

Agrupación de Concellos de Carnota, Lousame, Muros, Noia e Outes

IN417P/14A61

P1503800C

Agrupación de Concellos de Cee, Corcubión, Fisterra, Dumbría, Camariñas e Vimianzo