Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Mércores, 30 de abril de 2014 Páx. 19803

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 19 de marzo de 2014 pola que se convoca o proceso de selección para o nomeamento de recadador de zona de Pontevedra.

Dada a proximidade a producirse a vacante de recadador titular de zona de Pontevedra, procede convocar, de conformidade co establecido no Decreto 51/2000, do 25 de febreiro, no cal se establece a organización recadatoria da Xunta de Galicia do Estatuto dos recadadores de zona, o proceso de selección para o nomeamento de recadador de zona.

En consecuencia, e facendo uso da autorización contida na disposición derradeira primeira do mencionado decreto,

DISPOÑO:

Artigo 1

Convócase proceso de selección para o nomeamento de recadador titular de zona de Pontevedra.

Artigo 2

Poderán participar na convocatoria pública de selección os que reúnan as seguintes circunstancias:

a) Pertencer como funcionario de carreira a algún dos corpos seguintes:

1. Á escala superior de finanzas da Comunidade Autónoma de Galicia ou ao corpo superior de inspectores de Facenda do Estado.

2. Á escala técnica de finanzas da Comunidade Autónoma de Galicia ou ao corpo técnico de Facenda do Estado.

b) Contar cunha antigüidade de catro anos de servizos prestados nas escalas ou corpos do punto anterior.

c) Estar en posesión do diploma de aptitude para o desempeño do cargo de recadador da Comunidade Autónoma de Galicia ou do Ministerio de Economía e Facenda, ou, no seu defecto, contar cunha experiencia mínima de cinco (5) anos no desempeño de tarefas recadatorias propias de órganos de tal natureza e que se consideren adecuadas e suficientes para a tarefa que vai realizar na prestación do servizo como recadador.

d) Non ter notas desfavorables ou sancións non canceladas ou prescritas nin estar inhabilitado para o exercicio do cargo.

Artigo 3

1. As solicitudes dirixiranse á Axencia Tributaria de Galicia, conforme o modelo que figura no anexo, no prazo de 15 días naturais a partir do seguinte ao da publicación desta orde. Coas solicitudes achegarase a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos a que se refire o punto anterior, así como as certificacións, expedidas polos órganos competentes, en relación coas circunstancias obxecto de baremo previstas no artigo seguinte.

2. Todos os requisitos deberán posuírse no día de finalización do prazo de presentación da solicitude.

Artigo 4

Para a selección do recadador baremaranse as seguintes circunstancias:

a) Por cada ano de antigüidade como funcionario de carreira da escala superior de finanzas da Comunidade Autónoma de Galicia ou do corpo superior de inspectores de facenda do Estado: 0,20 puntos. Por cada ano de antigüidade como funcionario de carreira da escala técnica de finanzas da Comunidade Autónoma de Galicia ou do corpo técnico de Facenda do Estado: 0,10 puntos. O límite máximo deste baremo será de 2 puntos.

b) Por cada ano de experiencia no desempeño de funcións recadatorias ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia: 0,20 puntos, cun límite máximo de 1,60 puntos.

c) Por cada ano de experiencia no desempeño de funcións recadatorias ao servizo doutras administracións públicas de carácter territorial ou institucional: 0,10 puntos, cun límite máximo de 1,40 puntos.

d) Posuír o certificado de realización do curso de iniciación da lingua galega ou Celga 3: 0,50 puntos. Posuír o certificado de realización do curso de perfeccionamento da lingua galega ou Celga 4: 1 punto (estes dous certificados non serán acumulables).

e) Os solicitantes someteranse a unha entrevista que versará sobre o funcionamento e as tarefas para desenvolver nunha zona ideal de recadación, que incluirá unha simulación do número de valores cargados e a contía destes, así como unha proposta do equipo necesario para a súa xestión. Igualmente, poderán tratarse temas relacionados sobre aspectos puntuais do procedemento recadatorio en vía de constrinximento. Esta entrevista será valorada entre 1 e 4 puntos.

Artigo 5

As tarefas de selección establecidas no punto anterior serán realizadas por unha comisión que terá a seguinte composición:

– A secretaria xeral e do Patrimonio.

– O director da Axencia Tributaria de Galicia.

– O xefe da Área de Recadación, que actuará como secretario da comisión.

– O xefe territorial da Consellería de Facenda en Pontevedra.

Disposición adicional primeira

O funcionario que sexa nomeado recadador terá que solicitar e obter previamente á súa toma de posesión a situación administrativa de excedencia voluntaria por interese particular.

Disposición adicional segunda

Para exercer o cargo de recadador é necesaria a prestación previa de garantía na contía e forma previstas no capítulo VII do citado Decreto 51/2000.

Disposición adicional terceira

Esta convocatoria e cantos actos administrativos deriven dela e da actuación da comi-sión poderán ser impugnados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2014

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO

Solicitude de posto de recadador titular de zona___________

1. Solicitante

Nome e apelidos

Data de nacemento:

NIF:

Enderezo: rúa/praza:

Localidade:

CP:

Provincia:

Tfno.:

Correo electrónico:

2. Datos administrativos

Corpo/s ou escala/s

Data ingreso

Grupo

Anos

3. Funcións recadatorias

A) Ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia:

Posto

De

Ata

Días

____/____/____

____/____/____

____/____/____

____/____/____

____/____/____

____/____/____

____/____/____

____/____/____

B) Ao servizo doutras administracións:

Posto

De

Ata

Días

____/____/____

____/____/____

____/____/____

____/____/____

____/____/____

____/____/____

____/____/____

____/____/____

4. Coñecemento do idioma galego

� Si � Non

� Curso de iniciación ou Celga 3

� Curso de perfeccionamento ou Celga 4

_________________, _____ de ___________ de 2014

Asdo.:________________________

Director da Axencia Tributaria de Galicia